Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE PATROCINA A 49ª EDICIÓN DA FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO
03/05/2012.

GALICIA CALIDADE PATROCINA A 49ª EDICIÓN DA FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO

Un taller impartido por Domingos González mostrará aos asistentes unha selección dos produtos amparados pola marca de garantía

A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, patrocina a 49ª edición da Feira do Viño do Ribeiro que terá lugar entre o 4 e o 6 de maio no concello ourensán de Ribadavia. En concreto, Domingos González, presidente da Asociación Cociñeiros Promotores da Cociña Galega, realizará un taller onde mostrará unha selección dos produtos amparados polo selo de garantía acompañado dunha degustación dos mesmos.

Esta edición contará con visitas aos viñedos máis importantes das adegas amparadas pola Denominación de Orixe do Ribeiro así como con catas comentadas e degustacións de produtos, todo iso amenizado cun sinfín de actuacións musicais. Hai que lembrar que a Feira do Viño de Ribadavia está declarada como festa de interese turístico nacional.

Taller degustación

O sábado, a partir das 18.30 horas, o chef Domingos González realizará unha degustación dunha selección de produtos Galicia Calidade. En concreto, os asistentes ao evento poderá gozar cos seguintes pratos:  

Castelos de Patatas Conde, con polbo á grella Gallego Pereira con vinagreta de castañas.

Merluza do pincho Puerto de Celeiro con reducción de viño branco "Alberte" de Bodegas Nairoa , mirabeles do Rosal  A Rosaleira e  perfumada con hebras de azafran.

Raviolis de grelos A Rosaleira recheos  de unha fina mousselina  de ameixas Linamar e cama de crema  de queixo  Arzua Ulloa  de Queserías Castillo de Pambre e tona Feiraco.

Todo isto acompañado de Pan de Ingapán e augas Cabreiroá e Mondariz así como viño de Bodegas Nairoa.         

Redes sociais

Multimedia