Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE PATROCINA A 50ª EDICIÓN DO CURSO DE SAÚDE MEDIOAMBIENTAL
07/05/2012.

GALICIA CALIDADE PATROCINA A 50ª EDICIÓN DO CURSO DE SAÚDE MEDIOAMBIENTAL

 O evento terá lugar en Santiago entre o 8 e o 11 de maio e contará coa presenza de recoñecidos expertos na materia

A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, patrocinará a quincuaxésima edición do Curso de Saúde Medioambiental, enmarcado dentro do Programa Galego de Municipios Saudables e Sostibles 2000-2012. O evento, organizado pola Sociedade Española de Saúde Medioambiental, terá lugar na sede da Escola Galega de Administración Pública en Santiago dende o 8 ao 11 de maio.

Entre os obxectivos do evento están  o de establecer un foro de debate e estudo da situación ambiental actual do planeta Terra, dos seus problemas e carencias que se consideran máis importantes, así como das posibles solucións que se deberán adoptar; ademais de permitir a cooperación e o diálogo entre todos os axentes sociais implicados no tema.

E por outro lado, a integración da dimensión dos aspectos ambientais da saúde na formación e reciclaxe de técnicos en medio ambiente e saúde, coa finalidade de actualizar a súa formación e adecuar as esixencias que demanda a sociedade actual, para que contribúa a mellorar a xestión e as condicións de vida urbana dos cidadáns.

Con esta iniciativa os douscentos participantes no evento poderán coñecer a marca de garantía Galicia Calidade así como as empresas que contan con produtos amparados polo selo de garantía.

Poden consultar máis información do curso na web http://egap.xunta.es/fichaxornada/index/6008        

Redes sociais

Multimedia