Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE PATROCINA A FEIRA INTERNACIONAL DO TURISMO TERMAL TERMATALIA
12/09/2011.

GALICIA CALIDADE PATROCINA A FEIRA INTERNACIONAL DO TURISMO TERMAL TERMATALIA

A marca de garantía realizará unha degustación de augas así como un taller de cociña baseado no maridaxe da auga con outros produtos de calidade

A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, estará presente un ano máis na Feira Internacional do Turismo Termal, Termatalia, a única feira deste sector en todo a Península Ibérica e unha das máis importantes a nivel mundial. En concreto, a marca de garantía patrocinará o Bar de Augas no que estarán presentes augas de todo mundo así como as amparadas por Galicia Calidade. Tamén patrocinará os talleres de “Coctelería da auga”, que impartirá o Centro Superior de Hostelería de Santiago e a “Cociña da auga”, que coordinará o Centro de Formación de Hostelería de Ourense.

O evento que terá lugar entre o 23 e o 25 de setembro cumpre a súa décimo primeira edición tense convertido no referente no seu sector a nivel internacional. A auga é xa un dos mercados en expansión, no que se refire ao seu consumo, coa proliferación de máis e mellores productos, e tamén no turismo termal. Galicia é un referente neste eido, con augas dunha calidade esquisita como con recintos hoteleiros adicados ao termalismo de gran calidade e recoñecido prestixio.

Por todo o indicado, Galicia Calidade estará presente no evento como unha actividade máis de promoción da marca de garantía así como dos produtos e servizos amparados pola mesma. Termatalia convírtese, deste xeito, nun escaparate do termalismo galego e unha boa oportunidade para mostrar ao mundo as bondades de Galicia, representadas polo selo autonómico de garantía, avalado pola Xunta de Galicia.

Produtos e servizos de calidade
Galicia Calidade, como abandeirada da calidade galega, conta nos seus produtos asociados coas mellores augas da nosa terra e que gozan de gran recoñecemento entre os consumidores tanto a nivel nacional coma internacional. Estas tres augas, Cabreiroá, Fuente del Val e Mondariz, con diversas modalidades, naturais, carbónicas, con gas ou sen gas,… téñense convertido nos referentes dentro dos seus competidores, estando presentes case na totalidade de centros de venda de toda Galicia.

Pero a marca de garantía tamén ten amparados dous complexos hoteleiros de referencia no turismo termal, como o Hotel Louxo La Toja ou o Hotel Augusta Spa Resort. Neles, os visitantes poderán gozar dunha atención privilexiada e unhas instalacións propias dos mellores centros termais de Galicia.

Redes sociais

Multimedia