Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE PATROCINA A L EDICIÓN DA FESTA DO POLBO DO CARBALLIÑO
21/06/2012.

GALICIA CALIDADE PATROCINA A L EDICIÓN DA FESTA DO POLBO DO CARBALLIÑO

Nesta ocasión, a organización decidiu adicar o evento aos protagonistas reais da festa, os polbeiros e polbeiras de Arcos

A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, patrocinará a L edición da Festa do Polbo do Carballiño que terá lugar o vindeiro 12 de xullo na localidade ourensá. O Bañiño de Arcos foi o lugar escollido para a presentación oficial da dedicatoria deste ano, na que estivo presente o xerente da sociedade pública, Carlos Vila.

Nesta edición, a organización do evento programará unha semana de actividades culturais, musicais e deportivas na semana previa á celebración, cun programa que se anunciará proximamente. No acto de presentación, acudiron catro directivos da asociación de Arcos, que prepararon racións de polbo aos asistentes, acompañados de pan de Cea e viño Pazo Ribeiro, outros dos patrocinadores do evento.

Galicia Calidade colabora deste xeito cunha das festas gastronómicas e populares máis importantes de Galicia e a onde cada ano se achegan milleiros de visitantes. Preséntase así un escaparte inmellorábel para promocionar a marca de garantía así como os produtos amparados, que na actualidade son xa 155 produtos e servizos dun total de 43 empresas. 

Redes sociais

Multimedia