Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE PATROCINA A VOLTA CICLISTA A ESPAÑA AO SEU PASO POLA COMUNIDADE GALEGA
06/09/2011.

GALICIA CALIDADE PATROCINA A VOLTA CICLISTA A ESPAÑA AO SEU PASO POLA COMUNIDADE GALEGA

A marca de garantía estivo presente na etapa na que os ciclistas percorreron a provincia de Pontevedra

A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, patrocinou a Volta Ciclista a España ao seu paso pola Comunidade Galega. Hai que destacar que nesta edición Galicia estivo presente en tres etapas da mesma, e nunha delas, con percorrido integramente galego, o comprendido entre Ponteareas e Pontevedra.

A Volta Ciclista a España converteuse nun dos eventos deportivos máis vistos en toda España polo que a presenza da identidade corporativa de Galicia Calidade posibilita un maior coñecemento da mesma. Con estas iniciativas a Consellería de Economía e Industria promociona o selo autonómico dentro e fóra das nosas fronteiras pois hai que destacar que a nivel internacional o ciclismo goza de gran popularidade, sobre todo no resto de Europa e Sudamérica. Segundo os datos recolleitos polos medidores de audiencia, a Volta Ciclista a España é seguida por case dous millóns de espectadores cada día.

En concreto, nesta actuación promocional, Galicia Calidade estivo presente mediante valos publicitarios na saída da etapa, onde se congregan multitude de público así como os corredores da mesma, acompañados dos medios de comunicación e as autoridades convidadas ao evento. Unha iniciativa que achega ao selo de garantía publicidade do mesmo así como das empresas que contan con produtos amparados.

Esta iniciativa, o patrocinio de eventos e equipos deportivos, súmanse ás realizadas mediante o convenio coa Secretaría Xeral para ou Deporte, co apoio a entidades deportivas e deportistas individuais que representan á Comunidade Galega en campionatos nacionais e internacionais.

Redes sociais

Multimedia