Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE PATROCINA A XORNADA POLÍTICA 2.0 CUNHA DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS AMPARADOS POLO SELO DE GARANTÍA
29/09/2011.

GALICIA CALIDADE PATROCINA A XORNADA POLÍTICA 2.0 CUNHA DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS AMPARADOS POLO SELO DE GARANTÍA

O evento tivo lugar en Santiago e contou coa participación de expertos en comunicación e internet

A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, patrocinou recentemente o congreso Política 2.0, unhas xornadas que reuniron no Mosteiro San Martín Pinario a expertos de internet e comunicación para explicar como as redes sociais e a mercadotecnia online están a revolucionar as novas formas de comunicación privada e pública. En concreto, os asistentes a este evento puideron degustar unha selección dos produtos amparados pola marca de garantía.

Esta iniciativa, que se organizaba por primeira vez, reuniu na capital galega a profesionais do sector, polo que se mostraba como unha oportunidade para ensinar e promocionar os produtos amparados. Durante todo o evento, os relatores así como os asistentes consumiron augas das empresas asociadas ao selo, Cabreiroá e Mondariz, e tamén nas comidas o viño da adega Gargalo.

Galicia Calidade continúa desta forma co seu labor de promoción da marca de garantía así como dos produtos e servizos das empresas asociadas á mesma, tanto en Galicia como a nivel nacional e internacional. Iniciativas como esta son unha forma máis de que o público que se despraza a Galicia, ben sexa por motivos turísticos ou profesionais, como é este caso, coñezan de primeira man a calidade sobresaliente daqueles que contan co distintivo autonómico, avalado pola Xunta de Galicia.

Redes sociais

Multimedia