Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE PATROCINA AS XORNADAS GASTRONÓMICAS DA COSTA DA MORTE
01/06/2011.

GALICIA CALIDADE PATROCINA AS XORNADAS GASTRONÓMICAS DA COSTA DA MORTE

Neste evento participan 28 restaurantes que se distribuén nunha ampla franxa costeira entre Malpica e Muros

Galicia Calidade, en colaboración con Turgalicia, patrocina as Xornadas Gastronómicas da Costa da Morte, que, baixo a organización da asociación Neria, chega á súa segunda edición. O evento contará coa participación de 28 restaurantes distribuídos na franxa costeira entre Malpica e Muros. Durante todos os días do mes de xuño, estos locais ofrecen menús especiais (35 euros por persona, adega aparte) nos que se promocionan os produtos da comarca.

No acto de presentación estiveron presentes o director xerente de Galicia Calidade, Carlos Vila; a directora de Turgalicia, Carmen Pita; e o presidente da asociación Neria, Ramón Vigo Sambade. Como novidade desta edición, figuran uns paquetes que se ofrecen a visitantes para que se aloxen en hoteis e casas de turismo rural. Unha habitación dobre con almorzo costará 50 euros.

Con esta iniciativa, a Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, continúa mostrando o seu apoio a un dos sectores estratéxicos de Galicia como é o turismo e a gastronomía. Os restaurantes participantes nesta iniciativa son Casa Velay, O Semáforo, Tira do Cordel, O Centolo e O Fragón (no municipio de Fisterra); Villa de Oro, O Meu Lar e Puerto Arnela (en Camariñas); Casa do Arco e Zúrich (Laxe), Efe-Eme (A Picota), Insua e O Recreo da Costa da Morte (Cee); A Lareira (Baio), A Morosa (Carnota), Casa Pego (Antes, en Mazaricos), Casa Sabina e O Castillo (Vimianzo).

Ademais, están A Cunca (Buño-Malpica), As Garzas (Barizo-Malpica), Casa da Crega (Caldebarcos-Carnota), Lestón e Cabanel (Sardiñeiro), El Hórreo (Corcubión), O Coral (Muxía), O Castelo e Lusco e Fusco (Muros) e Mar de Ardora (Cabana).

Redes sociais

Multimedia