Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Galicia Calidade patrocina o partido no que se enfrontan este domingo o Monbus Obradoiro e o Barça Lassa
24/05/2019.

Galicia Calidade patrocina o partido no que se enfrontan este domingo o Monbus Obradoiro e o Barça Lassa

Este domingo se celebra o último encontro da tempada, que enfronta ó Monbus Obradoiro co Barça Lassa, nun patrocinado por Galicia Calidade.


Según declara Daniel Agra, diretor de Marketing e Comercial, Daniel Agra,  “Galicia Calidade é unha entidade que sempre nos apoia, ademais de como marca, como abonados e fieis seguidores. E iso é un aliciente. Esta marca é un icono de Galicia e reflicte a calidade dos produtos galegos, por iso estamos encantados de que poidan patrocinar o partido deste domingo”.

Alfonso Cabaleiro, director xerente de Galicia Calidade, agradeceu ó club “porque nas distintas ocasións que colaboramos, foron todo facilidades". Según dixo, "É moi sinxelo colaborar con este equipo e a súa xente. Galicia Calidade é unha marca que leva tempo colaborando con distintos equipos galegos, sobre todo fomentando o deporte base”.

Cabaleiro engadiu que non é a primeira vez que se fixeran colaboracións, e que “na desta tempada, non nos imaxinábamos que o partido patrocinado tería este alcance tan importante. Según indicóu, "Isto é un aliciente e temos a seguridade absoluta de que a marca contribuirá a que siga un ano máis na Liga Endesa. Estamos convencidos de que podemos gañar ao Barcelona. Queremos transmitirlle a Moncho, ao equipo e ao club, todo o apoio de Galicia Calidade, que é o apoio de todos os galegos”.

Redes sociais

Multimedia