Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE PATROCINA OS PREMIOS “LÍDER EN CALIDADE” ORGANIZADOS POR EXPOURENSE
11/11/2011.

GALICIA CALIDADE PATROCINA OS PREMIOS “LÍDER EN CALIDADE” ORGANIZADOS POR EXPOURENSE

As empresas asociadas ao selo Coren e Ingapán recibiron un premio á súa traxectoria

Expourense celebrou, durante a Xornada de Exaltación da Calidade, a primeira edición dos premios “Líder en Calidade” que recaeron en seis empresas e institucións galegas recoñecidas por ser líderes nos seus sectores e por destacar no seu compromiso coa Calidade e co Medio Ambiente. Esta Xornada organizada por Expourense e que continuará pola tarde cunha conferencia sobre a xestión do talento en empresas e organizacións, é o único acto celebrado en Galicia para conmemorar a XVII Semana Europea da Calidade que este ano ten como lema “Calidade e Talento: factores para o éxito”. Esta Xornada, patrocinada por Galicia Calidade, ten como obxectivo mostrar tendencias e experiencias prácticas en relación á xestión do talento e a súa captación e como este se converteu nunha vantaxe para diferenciar a unha empresa ou organización da súa competencia.

A sesión de mañá desta Xornada de Exaltación da Calidade foi inaugurada pola directora xeral de Comercio, Nava Castro, quen fixo referencia “á importancia de implantar sistemas de calidade que, ademais de reforzar a competitividade dunha empresa, melloran o proceso produtivo, eliminan custos e consiguen unha maior implicación empresarial dos traballadores”. A directora xeral estivo acompañada por autoridades provinciais e locais e numerosos empresarios galegos. En total, máis de 200 persoas seguiron con interese as explicacións das empresas premiadas.

Premios Líder en Calidade
As seis empresas premiadas aos sectores que máis preocupan ó cidadán como a Alimentación, a Sanidade, a Educación ou o Medioambiente, pero tamén ó empresario como son a xestión da calidade ou a internacionalización nun momento no que contar on modelos de xestión se converte nun requisito case imprescindible á hora de exportar o produto. Estas empresas foron: Coren, Hospital Comarcal do Barbanza, Industrias Proa Universidade de Santiago de Compostela, Ingapan e Molduras do Noroeste. Estas empresas fixeron un resumo da traxectoria que os levou a ser líderes nos seus sectores nunha mesa redonda moderada polo delegado de AENOR en Galicia, Martín Pita.

- Coren- Cooperativas Orensanas, S.C.G. (Ourense) – Premio Líder en Alimentación: Esta cooperativa converteuse na primiera empresa española acreditada co selo “FREEDOM FOOD” e é a cooperativa agroalimentaria máis importante de todo o panorama nacional. Conta cun Centro Tecnolóxico Medioambiental para o tratamento de residuos. Trátase dunha empresa pioneira en trazabilidade e seguridade alimentaria que garante os seus produtos. O director xeral adxunto de Coren, Emilio Rial, explicou que “o seu departamento de I+D+i conta con máis de 60 persoas traballando para innovar e descubrir novos camiños que nos axuden a seguir sendo competitivos e líderes no mercado”. A aposta de Coren polo I+D+i tradúcese no 2% da súa facturación total, na creación dun centro tecnolóxico de incubaciónm o una súa implicación no Centro Tecnolóxico da Carne. Na actualidade, Coren ocupa o 40% do mercado agroalimentario galego.

- Hospital Comarcal do Barbanza (Ribeira- a Coruña) - Premio Líder en Sanidade: Este centro é pioneiro na aplicación de Sistemas de Xestión de Calidade e Seguridade do Paciente na Sanidade Pública de Galicia. Neste centro púsose en marcha a experiencia piloto de implantación de normas de xestión de riscos para pacientes. A súa responsable de calidade, Mónica Rodríguez, fixo referencia á necesidade de implicar a dirección e traballadores na xestión da calidade primando sempre a profesionalidade e o trato humano xa que “nós non tratamos enfermedades, tratamos persoas”. Este Hospital cobre a área do Barbanza que inclúe os Concellos de Ribeira, Porto do Son, Boiro e A Pobra do Caramiñal, o que supón unha población superior ós 65.000 habitantes.

- Industrias Proa (O Porriño- Pontevedra) – Premio Líder en Medio Ambiente e Sostenibilidade: Empresa líder na industria galega de pinturas para automoción, metalgrafía, decoración, industria e naval. Exporta a Europa e América e é provedora do Grupo PSA e Renault. En 1997 obtivo a Certificación da Etiqueta Ecolóxica Europea para Pinturas Plásticas, sendo o segundo fabricante a nivel nacional que acadou esta certificación. O seu xerente, Antonio Vázquez, falou de que “esta empresa se converteu en ejemplo a seguir para as PEMES de automoción no ámbito da xestión ambiental”. O seu accionariado principal procede dos sectores da conserva e o naval e conta cunha destacada área de I+D+i, destacando os traballos realizados nos sectores da construcción e a cosmética.

- Universidade de Santiago de Compostela - Premio Líder en Educación: A USC ten certificados todos os procesos administrativos e de xestión aplicables a estudantes e usuarios e posúe 300 grupos de investigación, varios deles de referencia internacional. O Campus Vida está denominado “campus de Excelencia Internacional de Referencia Global”. A súa vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva, explicou que a USC conta cunha xestión profesionalizada da Calidade e que ademais foi a primeira universidade española en elaborar un Plan de Responsabilidade Social e que conta cunha. A USC conta con máis de 500 anos de historia. Ofrece 63 titulacións oficiales e 6 propias, Acolle cada curso entre 30.000 e 30.500 estudiantes, cuxos 2/3 son mulleres. Ten ó redor de 2.200 profesores cunha media de idade que ronda os 45 anos.

- Ingapán (Lugo) – Premio Líder en Internacionalización: empresa punteira no sector das masas conxeladas e pastelería e unha das compañías líderes do sector da alimentación en España. O presidente do Grupo Ingapán, José Manuel Chousa, contou a historia desta empresa que pasou de panadería familar a exportar a 22 países. Está formado por un equipo de 440 traballadores, dos cales un 80% son mulleres e a media de idade sitúase ó redor dos 32 anos. Esta empresa caracterízase por ofrecer experiencia, innovación tecnolóxica e busca continua de novos produtos e servizos.

- Molduras del Noroeste (Cambre – A Coruña) – Mención Especial: Empresa adicada á fabricación de revestimentos de madeira maciza para paredes e teitos, ademais de tarimas e listóns para carpinteiría e construción. O director de Calidade, Medioambiente e I+D+i, César J. García, explicou que as “políticas de actuación desta empresa están orientadas á innovación, calidade, medioambiente e excelencia”. Primeira empresa galega en implantar a ISO 9001, a primeira do sector en España en
imprantar un Sistema de Aseguramento da Calidade (ano 1991) e unha das pioneiras en implantar un Sistema de Xestión Medioambiental.

Sesión de tarde
Na sesión de tarde, a partir das 20.00 horas, o presidente de Gestalento, Alejandro Pe, impartirá unha conferencia sobre “A calidade na xestión do talento”. Gestalento, cuxo lema é “o talento como camiño ó éxito” é unha empresa especializada na detección talento interno para conseguir unha xestión eficiente do capital humano dunha empresa ou organización. Alejandro Pé falará sobre a importancia de aplicar sistemas de calidade na xestión do persoal e de que o líder da empresa coñeza o potencial humano do que dispón e poida medir o talento interno da súa organización para conseguir así optimizar as competencias de cada traballador acadando unha xestión máis eficiente. Esta conferencia estará presentada pola Secretaria Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo.

Coa organización desta Xornada de Exaltación da Calidade, Expourense quere axudar a sensibilizar ás empresas sobre as vantaxes que achegan os modelos de xestión. Trátase de difundir o concepto da calidade como unha filosofía empresarial que convén aplicar a todas as áreas da actividade empresarial e nas relacións con provedores e colaboradores. A calidade convértese nun elemento fundamental en todo negocio e traballar baixo os seus parámetros prepara á empresa para enfrontarse a un mercado empresarial cada vez máis amplo, ó mesmo tempo que reforza a competitividade empresarial fronte á competencia.

A Xornada de Exaltación da Calidade está patrocinada por Galicia Calidade, un selo de garantía que conta xa con 34 empresas asociadas e máis de 114 produtos amparados que, ademais de certificar a súa calidade e a súa orixe, ofrecéndelle ó consumidor innovación e diferenciación coa competencia.

Redes sociais

Multimedia