Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE PATROCINA UNHA XORNADA DO DIRECTOR DE GOOGLE ESPAÑA CON EMPRESARIOS GALEGOS
16/03/2011.

GALICIA CALIDADE PATROCINA UNHA XORNADA DO DIRECTOR DE GOOGLE ESPAÑA CON EMPRESARIOS GALEGOS

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, acompañado do xerente de Galicia Calidade, Carlos Vila, asistiron ao evento

Galicia Calidade patrocinou o pasado día 15 de marzo unha xornada baixo o título E Google? Como o faría? na que participaron as empresas galegas máis importantes e onde compartiron a experiencia con máis de 200 persoas. O evento organizado pola Asociación para el progreso de la Dirección contou coa colaboración da marca de garantía pública así como da empresa Serviguide.

O acto contou coa presenza do Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, e do xerente de Galicia Calidade, Carlos Vila, que participaron nas xornadas e compartiron a experiencia co máximo dirixente de Google-España.

Javier Rodríguez Zapatero, máximo dirixente da compañía Google no noso país, compartiu a experiencia cos asistentes e destacou a necesidade de ser rápidos. O importante, subliñou, é levantarse cada mañá e correr, da igual que sexas león ou gacela. O éxito dunha empresa pode vir dado pola súa adecuación aos novos tempos e por ser a primeira ou a última en dotarse dos últimos avances esixidos polas TIC.

O máximo responsábel desta compañía en España indicou que a Rede “axúdanos a estar mellor informados e a ser máis competitivos, ao que hai que engadir as posibilidades de negocio que abre”. Neste sentido, animou aos directivos presentes a aproveitar que a “demanda potencial en internet está moi por encima da oferta”, e mostrouse moi convencido de que “é moito máis fácil facer negocio en internet do que cremos”.

A xornada “E Google, como o faría?” incluiu ademais dúas mesas redondas nas que directivos de empresas tanto maduras como tecnolóxicas compartiron as súas experiencias en materia de innovación.

Redes sociais

Multimedia