Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE POSICIONARÁ OS PRODUTOS ADHERIDOS DO SECTOR ALIMENTARIO Á MARCA DE GARANTÍA NA CADEA DE DISTRIBUCIÓN GADISA
20/07/2010.

GALICIA CALIDADE POSICIONARÁ OS PRODUTOS ADHERIDOS DO SECTOR ALIMENTARIO Á MARCA DE GARANTÍA NA CADEA DE DISTRIBUCIÓN GADISA

Os productos aparecerán destacados co selo de garantía nos andeis dos establecementos

A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, asinou un acordo de colaboración coa empresa de distribución Gadisa para promocionar os produtos que ten amparados pertencentes ao sector da alimentación. En concreto, con esta iniciativa os produtos que contan co distintivo da marca de garantía aparecerán dun xeito destacado, tanto nos folletos informativos como nos andeis dos supermercados situados en Galicia e Castela e León, para que o consumidor coñeza en todo momento a súa pertenza ao selo galego.

A promoción dos produtos adheridos a Galicia Calidade é un dos obxectivos que a marca persegue na súa actividade. Froito deste afán por colaborar coas empresas adheridas na colocación dos seus produtos tanto no mercado de Galicia coma no resto de España, ou mesmo nos mercados internacionais, xurde esta colaboración cunha das distribuidoras do sector alimentario máis importante da Comunidade Autónoma.

Esta acción promocional comezará o vindeiro 20 de xullo e estará presente nos establecementos até o 16 de agosto. Baixo o paraugas da semana dos produtos galegos, aqueles que conten ademais co selo de garantía de Galicia Calidade aparecerán diferenciados nos andeis dos supermercados. Esta iniciativa permitirá ao consumidor coñecer de primeira man que produtos galegos contan coa garantía e a confianza que lle confire a única marca de garantía pública e galega. Ademais, Gadisa distribuirá nos seus 175 establecementos máis de 400.000 folletos promocionais onde se recollerán tamén os produtos amparados por Galicia Calidade. A acción contará tamén con campañas publicitarias en radio e prensa para informar aos consumidores da actividade.

A iniciativa está dirixida principalmente a aqueles produtos amparados por Galicia Calidade que pertencen ao sector alimentario, que na actualidade supón máis do 90% do total. Dos máis de 100 produtos amparados a día de hoxe hai que destacar que a maioría deles xa están presentes nos establecementos propiedade de Gadisa pero que, a través desta colaboración, aparecerán reseñados polo feito de estar avalados polo selo de garantía.

Na actualidade, Galicia Calidade conta cun total de 36 empresa adheridas, logo da recente incorporación da adega Castro Baroña, e con 114 productos amparados, unha representacións dos mellores produtos galegos e que apostan claramente pola internacionalización e pola innovación, factores claves na coxuntura do mundo actual.

Redes sociais

Multimedia