Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Galicia Calidade, premiada na XVII Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia
26/09/2019.

Galicia Calidade, premiada na XVII Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia

Galicia Calidade recibiu un dos premios HGg&T durante a Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Recolleu o premio Sol Vázquez, Directora xeral de Comercio e Consumo.

Estos premios recoñecen ás persoas ou entidades cuxa labor destacara de maneira extraordinaria no ámbito das administración, as entidades representativas, empresariais e iniciativas privadas relacionadas co Turismo na súa acepción máis ampla.

Entregáronse un total de 18 distincións en 8 categorías que incluían premios, ademáis de para Galicia Calidade, a algunhas das empresas que contan co amparo da marca de garantía galega: Granja Campomayor, galardoada pola súa aposta pola I+D+i e formación, o Hotel Bosque Mar, polo seu compromiso pola sustentabilidade ou Hijos de Rivera polo seu ‘Mercado de la Cosecha’.

Na gala estiveron presentes representantes do sector enogastronómico, hostaleiro e turístico, prensa especializada e profesionais do sector, que converteron a xornada nun dos puntos de encontro intersectorial máis importantes da nosa comunidade.

Redes sociais

Multimedia