Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Galicia Calidade, presente no certame internacional de cine Play Doc de Tui
05/04/2019.

Galicia Calidade, presente no certame internacional de cine Play Doc de Tui

Galicia Calidade colaborou esta semana na XV edición do certame internacional de cine Play Doc celebrado en Tui.

Mediante esta colaboración, produtos de empresas certificadas por Galicia Calidade estiveron presentes no certame. Os asistentes pudieron degustar propostas gastronómicas elaboradas con produtos das empresas Pazo de Anzuxao, Quesos Feijóo, Coren, A Rosaleira e Torre de Núñez.

Un certame que mostra a calidade audiovisual galega 
Na sección ‘Panorama Galicia’ os asistentes puideron ver traballos recentes producidos en Galicia que mostran a calidade dos profesionais galegos do sector.
En total, poderanse ver nove traballos dos profesionais galegos Arancha Brandon, Iria Sanjurjo, Antonio Díaz Huerta, Eloy Domínguez Serén, Alexandre Cancelo, David Varela, Antonio Grunfeld, Adrián Canoura e Roberto Minervini.

Redes sociais

Multimedia