Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE PRESENTE NA PRIMEIRA XORNADA DO SALÓN GALEGO DE GASTRONOMÍA E TURISMO XANTAR
02/02/2012.

GALICIA CALIDADE PRESENTE NA PRIMEIRA XORNADA DO SALÓN GALEGO DE GASTRONOMÍA E TURISMO XANTAR

Estrella Galicia, Cabreiroá, Customdrinks e Bodegas Nairoa contan cun espazo propio na feira

A XIII edición do Salón Galego de Gastronomía e Turismo Xantar comezou onte consolidado como a gran cita gastronómica de España e Portugal. A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, está presente cun stand onde se da mostra de todos os produtos amparados así como información detallada dos mesmos. Ademais ao longo dos cinco días que dura o Salón, tamén se realizarán catas dos produtos así como talleres gastronómicos. Tamén contan cun espazo propio no Salón as empresas asociadas ao selo de garantía Estrella Galicia, Cabreiroá, Customdrinks e Bodegas Nairoa.

Xantar abriu as portas dunha edición marcada pola promoción do Camiño Mozárabe, do Entroido e das máis de 300 festas gastronómicas celebradas en Galicia, en especial daquelas consideradas de Interese Turístico. Tamén deu comezo o VII Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde coa conferencia do presidente da Fundación Española para a Nutrición, o Dr. Gregorio Varela.

Arrincan así 5 días nos que XANTAR contará con 133 expositores entre os que destacan os 18 restaurantes, o 61% dos cales son galegos, que ofrecen 30 menús con prezos comprendidos entre os 12 e os 32 euros (24,7 euros de prezo medio) baseados nos seus produtos autóctonos e de calidade.

Polo que respecta a Galicia, os menús están adicados a Festas gastronómicas de Interese Turístico como é o caso do San Froilán de Lugo ou as festas como a lagosta de A Guarda, o Entroido de Ourense, o Corpus de Ponteareas ou o Botelo de O Barco de Valdeorras. Non faltará o menú degustación a base de pataca ofrecido polo INORDE. O resto de menús proceden de Parada de Sil e Ría de Pontevedra - Bueu, que participan por primeira vez, e de Terras de Celanova, Riós e Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés. Unha das novidades desta edición son os menús para celiacos ofrecidos polos restaurantes do INORDE e da Baixa Limia e que contribúen á idea de que gastronomía é saúde e de que Xantar é un salón aberto a todos.

No que se refire ás rexións turísticas portuguesas, ademais das Azores, están presentes o Douro, Viana do Castelo e a rexión de Lisboa e Vale do Tejo. As comunidades españolas participantes serán aquelas atravesadas polo Camiño Mozárabe, isto é, Andalucía, Estremadura e Castela e León.

Redes sociais

Multimedia