Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE PRESENTE NA XORNADA “MARCAS, COMUNICACIÓN E EMOCIÓNS” ORGANIZADA POR APD
30/09/2011.

GALICIA CALIDADE PRESENTE NA XORNADA “MARCAS, COMUNICACIÓN E EMOCIÓNS” ORGANIZADA POR APD

O evento contou coa participación de expertos de recoñecido prestixio e a colaboración de entidades como Millward Brown e Dircom

Galicia Calidade estivo presente na xornada organizada pola Asociación para o Progreso da Dirección “Marcas, Comunicación e Emocións”. En concreto, a marca de garantía dependente da Consellería de Economía e Industria foi un dos patrocinadores do evento participando activamente no desenvolvemento da mesma e informando os asistentes sobre o selo de garantía e o seu funcionamento.

O evento, que se desenvolveu no Auditorio de Caixanova, en Santiago de Compostela, contou coa presenza de recoñecidos expertos no tema das marcas, e coa colaboración de entidades como Millward Brown e Dircom. O obxectivo da mesma era o de dar a coñecer as últimas tendencias neste ámbito e reflexionar sobre aqueles aspectos que fan a unha marca máis forte.

Ao longo da xornada, os asistentes puideron coñecer de man dos espertos todas as vertentes que na actualidade inciden nas marcas. Galicia Calidade, como marca de garantía autonómica con maior recoñecemento en toda España e avalada pola Xunta de Galicia situouse como un bo exemplo sobre os temas a tratar na xornada. O xerente de Galicia Calidade, Carlos Vila, promocionou a mesma entre o público asistente destacando aqueles aspectos máis importantes da mesma.

Redes sociais

Multimedia