Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE PROMOCIONA OS PRODUTOS AMPARADOS EN MÁIS DE 160 ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS DE GALICIA
13/07/2011.

GALICIA CALIDADE PROMOCIONA OS PRODUTOS AMPARADOS EN MÁIS DE 160 ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS DE GALICIA

A campaña concienciará aos consumidores sobre a garantía e a confianza que lle confire o selo de garantía aos produtos e servizos

Galicia Calidade estará presente este verán en máis de 160 establecementos comerciais de todo Galicia dando a coñecer os produtos e servizos asociados á mesma. En concreto, trátase dunha iniciativa promocional nos supermercados e hipermercados galegos que conten nesta época estival con gran afluencia, situados en zonas turísticas e no que se concienciará aos consumidores sobre a garantía e confianza que lle confire o selo de garantía.

A iniciativa baséase nunha explicación ao consumidor, antes da súa entrada no establecemento, sobre o selo de garantía de Galicia Calidade así como dos produtos que contan co distintivo. Ademais, aquelas persoas que adquiran máis de tres produtos amparados pola marca entregaráselles á saída do supermercado un obsequio, fomentando así o consumo de produtos das empresas asociadas. Ademais, tamén se lles entregará en man un folleto onde aparecen todas as marcas que contan con algún produto certificado.

Esta acción levarase a cabo diante dos establecementos de todas as cadeas de distribución que operan en Galicia: Froiz, Gadisa, Vegalsa, El Corte Inglés, Alcampo, Carrefour e algún outro establecemento que conte cunha ubicación privilexiada en zonas de gran interese turístico. Os milleiros de persoas que se acheguen a Galicia durante o período estival coñecerán de primeira man as bondades do selo así como tamén os galegos e galegas que entren nos establecementos seleccionados.

Galicia Calidade leva desenvolvendo nos últimos anos campañas de promoción do selo de garantía así como dos produtos amparados en cadeas de distribución, un dos obxectivos principais das empresas, o punto de venta, e que pode decidir claramente a intención de compra do consumidor e que adquira así os produtos que conten co selo de garantía.

Potenciar a relevancia da marca
Un dos obxectivos desta iniciativa é a potenciación da relevancia da marca, a máis coñecida a nivel estatal entre as marcas de garantía pero que non por iso ten que deixar de estar presente. Entre o público que se busca con estas iniciativas atópase tanto os consumidores galegos como tamén os que se acheguen á nosa comunidade durante o verán.

Redes sociais

Multimedia