Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE PROMOCIONA OS PRODUTOS AMPARADOS NO LEADERSHIP FÓRUM GALICIA
08/03/2012.

GALICIA CALIDADE PROMOCIONA OS PRODUTOS AMPARADOS NO LEADERSHIP FÓRUM GALICIA

Durante a cea do venres os asistentes degustarán unha selección dos produtos amparados polo selo de garantía

Galicia Calidade continúa coa promoción das empresas que contan con produtos amparados. Nesta ocasión, aproveitando a celebración do Leadershipo Fórum Galicia, que terá lugar o 9 e 10 de marzo na Fundación Caixa Galicia na Coruña, realizará unha degustación de produtos para os asistentes ao evento.  Esta iniciativa, que se desenvolverá ao longo dos cinco anos seguintes en distintas cidades galegas, é un encontro internacional de expertos en coaching e que contará cun cartel de expertos internacionais moi amplo.

Un dos grandes patrocinadores do evento será Custom Drinks, empresa propiedade de Hijos de Rivera, e amparada por Galicia Calidade, que deseñou para a ocasión unha bebida personalizada e que será repartida entre os asistentes. O seu director comercial, César Carballo, apuntou que “é unha bebida enerxética, antioxidante, con sabor a mazá e innovadora, ao igual que este evento”.

Un cartaz de expertos

O evento contará cun elenco de excepción que vai dende ponentes internacionais como o pai do coaching moderno, Sir John Whitmore ou a primeira Master Coach en España, Viviane Launer, até ponentes nacionais como gonzalo Brujó, Chairman Latin América & Iberia de Interbrand, Javier Carril, Zen Coach e Santiago Vázquez, Director de Persoans de R. Os ponentes explicarán casos de éxito nas súas empresas dunha forma dinámica e buscando a participación do público. O traballo en equipo será fundamental así como a interaccion que se completará cunha sesión de “role playing” durante a cena networking que se celebrará o vernes no Restaurante Domus, e que contará cunha degustación de produtos Galicia Calidade. 

Redes sociais

Multimedia