Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE PROMOCIONA OS PRODUTOS AMPARADOS NOS ESTABLECEMENTOS DE EL CORTE INGLÉS, GADIS, EROSKI, FROIZ, ALCAMPO, CARREFOUR E MOLDES
01/12/2011.

GALICIA CALIDADE PROMOCIONA OS PRODUTOS AMPARADOS NOS ESTABLECEMENTOS DE EL CORTE INGLÉS, GADIS, EROSKI, FROIZ, ALCAMPO, CARREFOUR E MOLDES

Os consumidores que merquen produtos co distintivo recibirán un agasallo promocional e entrarán nun sorteo de 4 fines de semana no Hotel Louxo La Toja

A Consellería de Economía e Industria continúa coa labor de promoción da marca de garantía Galicia Calidade. Así, durante este mes de decembro a sociedade pública levará a cabo unha labor de explicación aos consumidores do que aporta o distintivo a un producto así como tamén das marcas que contan co mesmo. Esta iniciativa terá lugar nos establecementos pertencentes ás cadeas de distribución de El Corte Inglés, Gadis, Vegalsa-Eroski, Froiz, Alcampo, Carrefour e do Grupo Moldes.

Galicia Calidade entregará un agasallo promocional a todos os consumidores que merquen polo menos tres produtos amparados polo selo de garantía e entrarán, ademais, nun sorteo de 4 fines de semana no Hotel Louxo La Toja, establecemento que conta coa marca de garantía pública e que se caracteriza pola calidade e unha atención ao público excelente. Antes da entrada aos establecementos, persoal de Galicia Calidade informará de modo personalizado ao consumidor sobre a marca de garantía, entregándolle un folleto informativo, e orientando aos mesmos a buscar o distintivo de calidade nos produtos que se dispoña a mercar.  

40.000 contactos directos

Con esta iniciativa, a Consellería de Economía e Industria persegue potenciar a relevancia da marca e achegala un pouco máis ao consumidor galego, explicando e fomentando a proba nun momento de elevado consumo como é o Nadal. A distribución das accións de promoción levarase a cabo nun total de 164 establecemento repartidos por todo Galicia e facendo especial fincapé nas cidades e vilas máis importantes. O obxectivo será o contacto directo con 40.000 persoas durante o desenvolvemento da acción.

Por outro lado, Galicia Calidade tamén quere fomentar o apoio ás empresas que contan con produtos amparados mellorando o valor diferencial que supón o contar co mesmo. Ademais, todos os productos que contan coa marca de garantía aparecerán destacados nos lineais dos supermercados, mellorando a súa visibilización para que o consumidor poda coñecer de primeira man que contan co certificado.

Galicia Calidade suma esta iniciativa de promoción a outra levada a cabo nos meses de verán nas zonas turísticas e que posibilitou o contacto con máis de 30.000 persoas, que coñeceron de primeira man o que significa que un produto conte co distintivo de calidade. Agora coa acción que se vai a desenvolver durante o mes de decembro continúa coa súa labor de promoción da marca e tamén das empresas asociadas. 

30/11/2012.

GALICIA CALIDADE PROMOCIONA OS PRODUTOS AMPARADOS NOS ESTABLECEMENTOS DE EL CORTE INGLÉS, GADIS, EROSKI, FROIZ, ALCAMPO, CARREFOUR E MOLDES

Os consumidores que merquen produtos co distintivo recibirán un agasallo promocional e entrarán nun sorteo de 4 fines de semana no Hotel Louxo La Toja

A Consellería de Economía e Industria continúa coa labor de promoción da marca de garantía Galicia Calidade. Así, durante este mes de decembro a sociedade pública levará a cabo unha labor de explicación aos consumidores do que aporta o distintivo a un producto así como tamén das marcas que contan co mesmo. Esta iniciativa terá lugar nos establecementos pertencentes ás cadeas de distribución de El Corte Inglés, Gadis, Vegalsa-Eroski, Froiz, Alcampo, Carrefour e do Grupo Moldes.

Galicia Calidade entregará un agasallo promocional a todos os consumidores que merquen polo menos tres produtos amparados polo selo de garantía e entrarán, ademais, nun sorteo de 4 fines de semana no Hotel Louxo La Toja, establecemento que conta coa marca de garantía pública e que se caracteriza pola calidade e unha atención ao público excelente. Antes da entrada aos establecementos, persoal de Galicia Calidade informará de modo personalizado ao consumidor sobre a marca de garantía, entregándolle un folleto informativo, e orientando aos mesmos a buscar o distintivo de calidade nos produtos que se dispoña a mercar.  

Máis de 40.000 contactos directos

Con esta iniciativa, a Consellería de Economía persegue potenciar a relevancia da marca e achegala un pouco máis ao consumidor galego, explicando e fomentando a proba nun momento de elevado consumo como é o Nadal. A distribución das accións de promoción levarase a cabo nun total de 181 establecemento repartidos por todo Galicia e facendo especial fincapé nas cidades e vilas máis importantes. O obxectivo será o contacto directo con máis 40.000 persoas durante o desenvolvemento da acción.

Por outro lado, Galicia Calidade tamén quere fomentar o apoio ás empresas que contan con produtos amparados mellorando o valor diferencial que supón o contar co mesmo. Ademais, todos os productos que contan coa marca de garantía aparecerán destacados nos lineais dos supermercados, mellorando a súa visibilización para que o consumidor poda coñecer de primeira man que contan co certificado.

Galicia Calidade suma esta iniciativa de promoción a outra levada a cabo nos meses de verán nas zonas turísticas e que posibilitou o contacto con máis de 40.000 persoas, que coñeceron de primeira man o que significa que un produto conte co distintivo de calidade. Agora coa acción que se vai a desenvolver durante o mes de decembro continúa coa súa labor de promoción da marca e tamén das empresas asociadas. 

Redes sociais

Multimedia