Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE RECIBE MILLEIROS DE VISITANTES DURANTE AS FEIRAS DO SECTOR DA ALIMENTACIÓN SALIMAT E VINISTERRAE
25/06/2010.

GALICIA CALIDADE RECIBE MILLEIROS DE VISITANTES DURANTE AS FEIRAS DO SECTOR DA ALIMENTACIÓN SALIMAT E VINISTERRAE

Os eventos contaron coa presencia das empresas que contan co selo de garantía

Máis do 90 por cento dos produtos que a día de hoxe contan co selo de garantía de Galicia Calidade pertencen ao sector agroalimentario e da pesca. Froito desta realidade, a Consellería de Economía e Industria, a través da marca de garantía, vén de estar presente nos dous eventos máis importantes relacionados con este sector que se produciron en Galicia. Concretamente, Vinisterrae en Ourense e Salimat en Silleda contaron cun stand promocional da sociedade pública. Ao longo dos días nos que se produciron estes eventos, milleiros de visitantes acercáronse a coñecer de primeira man que produtos galegos son os que teñen a distinción de garantía e confianza da Xunta de Galicia.

En Vinisterrae, as catro adegas amparadas pola marca, Adega dos Eidos, Bodegas Ruchel, Gargalo e Vilarvín mostraron ao longo dos dous días de feira as bondades dos seus caldos ao tempo que os visitantes podían degustar, no propio stand de Galicia Calidade os produtos que a día de hoxe contan con esta distinción. Esta feira logrou congregar a milleiros de profesionais do sector, exportadores, prensa especializada e demais actores do mundo do viño.

A organización do evento, que tivo lugar en Expourense, quixo facer unha mención especial a Galicia Calidade polo seu apoio a un dos sectores claves en Galicia, o vinícola, que conta cun gran volume de negocio e que da traballo a milleiros de familias. O xerente de Galicia Calidade, Carlos Vila, recolleu o premio nun acto presidido pola Presidenta do Consello de Administración da marca de garantía e directora xeral de Comercio, Nava Castro.

Salimat
O outro evento que contou coa participación de Galicia Calidade tivo lugar no Recinto Feiral de Galicia, en Silleda, como foi o Salón da Alimentación do Atlántico. Ao longo dos catro días que durou o evento, producíronse 1.600 reunións de negocio con importadores de máis de 16 países. Estas xuntanzas contaron tamén coa presenza das empresas de Galicia Calidade. Os xerentes e directores das mesmas puideron manter reunións con distribuidores doutros países e tentar así colocar o seu produto nos mercados internacionais.

O stand de Galicia Calidade, de case 90 metros cadrados, recibiu milleiros de visitantes que se aproximaron até o recinto feiral a coñecer as novidades que presenta o sector da alimentación. Os conselleiros de Medio Rural e Mar, Samuel Juárez e Rosa Quintana,respectivamente, visitaron a feira e aproximáronse até o stand da marca de garantía para coñecer de primeira man os produtos que contan con este distintivo.

Redes sociais

Multimedia