Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE RECIBE UNHA MENCIÓN INSTITUCIONAL NO 'IV PREMIO Á MELLOR EMPRESA AGROALIMENTARIA DE GALICIA'
26/09/2006.

GALICIA CALIDADE RECIBE UNHA MENCIÓN INSTITUCIONAL NO 'IV PREMIO Á MELLOR EMPRESA AGROALIMENTARIA DE GALICIA'

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2006.

Hipermercados Carrefour celebrou onte o acto de entrega do "IV Premio á Mellor Empresa Agroalimentaria de Galicia", un acto que se celebrou no compostelán Hostal dos Reis Católicos, e que estivo presidido pola directora xeral de Comercio e Consumo da Consellaría de Innovación e Industria, Ana María Rúa Souto, e por Rafael Arias-Salgado, presidente de Centros Comerciais Carrefour.

A empresa Bodegas Martín Códax, ubicada na localidade pontevedresa de Cambados foi a entidade galardoada. Neste acto entregáronse outros recoñecementos, como unha Mención Especial á non Pyme Galega, que recaeu na compañía lucense, Leite Río, S.L. Así mesmo, Carrefour concedeu sendas mencións institucionais ao Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega e a GALICIA CALIDADE, S.A., pola súa labor como garantes de calidade e diferenciación dos produtos galegos.

Redes sociais

Multimedia