Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GARGALO PREMIADA CO ACIO DE OURO NA CATA DE VIÑOS DE GALICIA
09/09/2011.

GARGALO PREMIADA CO ACIO DE OURO NA CATA DE VIÑOS DE GALICIA

A adega amparada por Galicia Calidade recibiu o galardón que a acredita como o mellor caldo da Denominación de Orixe de Monterrei

A adega verinesa Gargalo S.L. recibiu onte o premio Acio de Ouro na XXIII Cata de viños e XIII de augardentes de galicia, celebrada onte en Leiro e que contou coa presenza do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, e o xerente de Galicia Calidade, Carlos Vila. Esta distinción recoñece ao TERRA DO GARGALO GODELLO E TREIXADURA, de Gargalo, S.L como o mellor caldo da Denominación de Orixe de Monterrei.

Hai que lembrar que o ano pasado, outra adega que conta cos seus caldos amparados por Galicia Calidade, como é Bodegas Ruchel, recibiu a distinción como mellor viño branco de Galicia. Nesta ocasión, o galardón recaeu na adega do deseñador e empresario Roberto Verino.

Dende a súa inauguración no 1998, a adega Gargalo elabora os seus excelentes viños dentro da Denominación de Orixe Monterrei. Das variedades Godello, Treixadura e Dona Branca nace un branco novo e moderno. Igualmente, os seus tintos Mencía, Tempranillo e Bastardo demostran un equilibrio excepcional.

Os viños e licores Terra do Gargalo distribúense por toda a xeografía nacional ademais de contar cunha ampla presenza dentro da Unión Europea e países do norte e centro de América. Cunha produción máxima de 250.000 botellas anuais, Gargalo asegúrase unha alta calidade dos seus produtos, unha calidade esixida polo seu fundador, Roberto Verino, en todos os seus proxectos.

Outros premiados
Mellor Branco de Galicia*(1): SEÑORÍO DE RUBIÓS CONDADO DO TEA BLANCO, de Bodegas Coto Redondo, S.L. (D.O. Rías Baixas).
Mellor Tinto de Galicia*(1) : LADAIRO, de Adegas Ladairo, S.L. (D.O. Monterrei).
*(1) (elixidos entre os caldos mellor puntuados en cada unha das cinco denominacións de orixe)
Acios de Ouro, Prata e Bronce de cada denominación de orixe* (2):
D.O. Ribeiro:
- Acio de Ouro: COTO DE GOMARIZ, de Adega María Álvarez Serrano.
- Acio de Prata: SEÑORÍO DA VILA, de Bodegas Docampo, S.A.
- Acio de Bronce: SAMEIRÁS, de Adega Antonio Cajide Gulín.
D.O. Valdeorras:
- Acio de Ouro: GALGUEIRA, de Adega Germán Rodríguez Prada.
- Acio de Prata: VÍA NOVA, de Bodegas Virxen de Galir, S.L.
- Acio de Bronce: JOAQUÍN REBOLLEDO MENCÍA, de Joaquín Rebolledo, S.A.
D.O. Rías Baixas:
- Acio de Ouro: SEÑORÍO DE RUBIÓS ALBARIÑO 2010, de Bodegas Coto Redondo, S.L.
- Acio de Prata: LEIRA, de Pazo Pondal, S.L.
- Acio de Bronce: CONDES DE ALBAREI, de Adega Condes de Albarei, S.A.U.
D.O. Monterrei:
- Acio de Ouro: TERRA DO GARGALO GODELLO E TREIXADURA, de Gargalo, S.L.
- Acio de Prata: CREGO E MONAGUILLO, de Crego e Monaguillo, S.L.
- Acio de Bronce: QUINTA DO BUBLE GODELLO, de Adegas Quinta do Buble, S.L.
D.O. Ribeira Sacra:
- Acio de Ouro: RECTORAL DE AMANDI, de Bodegas Rectoral de Amandi, S.A.U.
- Acio de Prata: REGINA VIARUM, de Regina Viarum, S.L.
- Acio de Bronce: MENCÍA CASA MOREIRAS, de Casa Moreiras, S.L.
* (2): Para os tres viños mellor puntuados en cada D.O, con exclusión dos Viños de Colleiteiro e dos que resultaron os mellores branco e tinto de Galicia.

Redes sociais

Multimedia