Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GRAN ACOLLIDA DO STAND DE GALICIA CALIDADE EN ALIMENTARIA BARCELONA
28/03/2012.

GRAN ACOLLIDA DO STAND DE GALICIA CALIDADE EN ALIMENTARIA BARCELONA

Cientos de personas se interesaron a lo largo de las dos primeras jornadas de la feria por los productos y servicios amparados por el sello de garantía

Despois das dúas primeiras xornadas de Alimentaria 2012 o stand co que Galicia Calidade está presente no evento recibiu centos de visitas de profesionais, importadores e produtores, que querían coñecer de primeira man as bondades de contar co distintivo de garantía así como tamén os produtos e servizos que na actualidade están amparados pola marca.

Galicia Calidade está presente no Salón Internacional das Bebidas e Alimentación Alimentaria 2012, no Pabillón das Autonomías. Dentro deste espazo serán 21 as empresas que estarán presentes nos case 130 metros cadrados que a marca de garantía pon á disposición das mesmas.

En case 95.000 metros cadrados de superficie, Alimentaria mostra as últimas novidades da industria alimentaria a nivel mundial con arredor de 4.000 empresas participantes e 140.000 compradores. Alimentaria volve a ser unha excelente oportunidade para establecer novos contactos, porse ao día sobre as últimas tendencias do mercado, detectar oportunidades de negocio ou mesmo visitar clientes. Segundo datos da propia organización da feira, máis do 60% dos expositores da pasada edición mostraron as intencións de saír aos mercados internacionais nun espazo corto de tempo, feito que sitúa este evento como punto de encontro internacional do sector da alimentación.

As empresas que están presentes en Alimentaria Barcelona son: Adega Dos Eidos,  Aguas De Cabreiroá, Aguas De Mondariz e Fuente Del Val, Bodegas Nairoa, Bodegas Ruchel, Castro Baroña, Customdrinks, Coreti, Feiraco Lácteos, Gallego Pereira Frigoríficos,  Gargalo, Hijos De Rivera, Hornos Sanfiz, Hotel Louxo, Ingapan, Conservas A Rosaleira, Luis Escuris Batalla, Mariscos Linamar, Queixería Cas Leiras,  e Vilarvín.

Esta actividade enmárcase dentro da filosofía de Galicia Calidade, de promocionar a súa marca así como as empresas que contan con produtos adheridos en todo o Estado así como a nivel internacional. Eventos como o de Alimentaria, que conta con milleiros de visitantes durante a feira, son o lugar idóneo para dotar aos produtos amparados pola marca de garantía pública galega dun valor engadido. 

Redes sociais

Multimedia