Inicio / NOVAS / Notas de prensa / HIJOS DE RIVERA PREMIADA COA MEDALLA DE CASTELAO DA XUNTA DE GALICIA
31/05/2013.

HIJOS DE RIVERA PREMIADA COA MEDALLA DE CASTELAO DA XUNTA DE GALICIA

A empresa galega, certificada por Galicia Calidade, recibirá este galardón en recoñecemento da súa traxetoria ao longo dos seus 107 anos de historia

Hijos de Rivera foi fundada en 1906,e iniciou a súa actividade na zona portuaria da Coruña, no barrio de Cuatro Caminos, combinando a fabricación de xeo para embarcacións coa produción de cervexa. Tras máis de 107 anos de historia, catro xeracións da familia Rivera teñen logrado situar Estrella Galicia entre as principais marcas do ámbito español e cunha máis que significativa actividade exportadora, que se traduce na súa presenza en máis dunha trintena de países de Europa, Asia e América. Recibe a distinción por contribuír ao emprendemento en Galicia; sen ir máis lonxe, coa recente ampliación da súa factoría na Coruña, e por manter a ambición permanente de internacionalizar a nosa economía. 

 

http://www.xunta.es/c/document_library/get_file?folderId=577719&name=DLFE-18106.pdf

Redes sociais

Multimedia