Inicio / NOVAS / Notas de prensa / O Hotel Louxo La Toja celebra o seu 50 aniversario
28/10/2019.

O Hotel Louxo La Toja celebra o seu 50 aniversario

O Hotel Louxo La Toja é un hotel familiar, de capital integramente galego, que durante cinco décadas conseguiu adaptarse aos novos tempos, demandas e tendencias dos seus clientes, converténdose en hotel referente con medio século de calidade hostaleira.
 
Este emblemático establecemento abriu as súas portas en 1969 na Illa de La Toja, coñecida tamén como Illa Louxo, da que tomou o seu nome. 50 anos despois, o célebre hotel decidiu conmemorar este aniversario con diferentes actividades e accións promocionais, o día 25 de outubro, nun evento que contou coa presenza de representantes políticos, sociais e empresariais da localidade e da comunidade galega, así como dos profesionais que forman parte do equipo do Hotel Louxo La Toja e numerosos clientes.
 
Entre os invitados presentes na celebración, o alcalde socialista de O Grove, José Cacabelos, quixo recoñecer a labor do Hotel por "cincuenta anos de proxección e de turismo, un dos sectores máis puxantes no municipio, xunto co do mar". O edil estivo acompañado pola Directora do Hotel, María Dolores Valladares.

Redes sociais

Multimedia