Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Ignacio Rivera, elixido o CEO con mellor reputación de España
02/04/2019.

Ignacio Rivera, elixido o CEO con mellor reputación de España

Ignacio Rivera, CEO de Hijos de Rivera, foi elixido como o executivo con mellor reputación de España segundo o estudo CEO  Reptrak  Spain 2019 elaborado pola plataforma internacional  Reputation  Institute. 

O informe outórgalle a máxima puntuación do noso país, 75,8 puntos, tras unha análise na que se recolleron máis de 1800 valoracións sobre factores diversos como o comportamento ético, o liderado, a capacidade de influencia ou a xestión.

No informe sinálase que a puntuación obtida por Ignacio Rivera responde a valoracións moi positivas en todas as dimensións estudadas: liderado, influencia, responsabilidade e xestión. Tamén se destaca o seu compromiso polo respecto á orixe e a calidade dos produtos.  Noutro ámbito, subliña tamén o éxito da compañía en termos de crecemento e expansión nacional e internacional mantendo a súa vocación por “ser a cervexa máis amada”.

Desde hai anos, Hijos de Rivera conta co respaldo de Galicia Calidade en moitos dos seus produtos como as cervexas Estrella Galicia, 1906 ou a auga  Cabreiroá.

O estudo, que se presentou no marco da xornada ‘A Voz do  CEO na reputación corporativa’, organizado polo Reputation  InstituteThinking  HeadsCorporate  Excellence-Centre  for  reputation  Leadership, recolle que a responsabilidade aparece como a dimensión máis valorada nun  CEO en España, xa que o seu comportamento ético, en canto ao social e fiscal, adxudícalle un 37,2% na súa reputación, un 22,4% ven dado polo seu liderado, un 21,2% pola súa influencia e o 19,2% pola súa xestión. A integridade do CEO é a dimensión que máis impacta na reputación da compañía, alcanzando os 7,4 puntos.

Redes sociais

Multimedia