Inicio / NOVAS / Notas de prensa / A innovación e os desafíos do sector alimentario en Galicia, analizados no Foro Galicia Alimentación do Clúster Alimentario de Galicia.
20/06/2019.

A innovación e os desafíos do sector alimentario en Galicia, analizados no Foro Galicia Alimentación do Clúster Alimentario de Galicia.

O Clúster Alimentario de Galicia celebrou esta mañá o IV Foro Galicia Alimentación 2019. Un espazo de encontro e reflexión de referencia para o sector alimentario da nosa comunidade. O encontro, que reuniu en Santiago de Compostela a representantes de numerosas empresas galegas de referencia no sector, serviu para analizar as tendencias de consumo e os desafíos globais do sector dos alimentos e as bebidas, a innovación, o deseño e a sustentabilidade na cadea de valor e as tendencias globais en alimentación e saúde.

As empresas certificadas por Galicia Calidade tamén estiveron presentes nesta xornada. O Foro Galicia Alimentación contou coa participación de José Cabanas, responsable de Márketing de Hijos de Rivera, cun relatorio sobre innovación e  branding en produto. Pola súa banda Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) da que forma parte a empresa  Feiraco, resultou gañadora dun dos V Premios Galicia Alimentación, na categoría ‘Proxecto Empresarial 2019’.

V Premios Galicia Alimentación
No marco desta xornada entregáronse tamén os V Premios Galicia Alimentación, cuxo obxectivo é contribuír a promocionar os produtos alimentarios e as bebidas de Galicia, os proxectos e as empresas e institucións relacionadas e incrementar a súa visibilidade de forma que adquiran unha importancia relevante na sociedade. 

A través destes premios recoñécese o esforzo das empresas por crear produtos innovadores, evolucionar no seu modelo de negocio cara a unha maior competitividade e sustentabilidade ou desenvolver novas estratexias de mercado e internacionalización. Así como, o labor das institucións que apoian ao sector alimentario no devandito crecemento.

Os gañadores da edición deste ano foron Galifresh (Premio Produto Innovador por  Freshcut), Pescanova (Premio Estratexia de mercado e internacionalización), Cooperativas Lácteas Unidas (Premio Proxecto Empresarial) e José Manuel Pérez Canal, premio honorífico a título póstumo ao que fose xerente de Aceites Abril.

Redes sociais

Multimedia