Inicio / NOVAS / Notas de prensa / MÁIS DE 35.000 PERSOAS PARTICIPARON NA XIRA COA QUE ECONOMÍA E INDUSTRIA PROMOCIONOU A MARCA GALICIA CALIDADE E O CONSUMO DE PRODUTOS GALEGOS EN 35 CONCELLOS
30/09/2012.

MÁIS DE 35.000 PERSOAS PARTICIPARON NA XIRA COA QUE ECONOMÍA E INDUSTRIA PROMOCIONOU A MARCA GALICIA CALIDADE E O CONSUMO DE PRODUTOS GALEGOS EN 35 CONCELLOS

Os cidadáns que se achegaron ata a sede móbil puideron informarse sobre as empresas asociadas a este selo de garantía Unha das iniciativas que espertou máis interese foron as exhibicións e obradoiros de cociña

Máis de 35.000 persoas participaron na campaña de promoción coa que a Consellería de Economía e Industria achegou este verán á cidadanía a marca Galicia Calidade, a súa aposta pola innovación e a internacionalización das empresas galegas, ofrecendo información sobre as empresas asociadas e promovendo o consumo de servizos e produtos galegos.

Durante a iniciativa, que se desenvolveu desde o pasado 20 de agosto e rematou onte en Salceda de Caselas, a sede móbil de Galicia Calidade percorreu un total de 35 localidades das catro provincias galegas.

Unha das actividades que espertou máis interese foron as demostracións e obradoiros de cociña con produtos de Galicia Calidade, que se puideron seguir tanto desde o interior do vehículo, equipado cunha cociña, como a través das pantallas habilitadas no exterior. Os produtos cociñados repartironse entre o público, ao que tamén se lle ofreceron recetarios.

Ademais, durante toda a campaña repartíronse obsequios, folletos promocionais e realizáronse sorteos, e os máis pequenos puideron gozar dun castelo inchable, todo co obxectivo de dar a coñecer a marca Galicia Calidade e os produtos e servizos amparados neste selo de garantía, que contan así cun valor engadido, recoñecido polos consumidores como sinónimo de confianza, prestixio e calidade.

Redes sociais

Multimedia