Inicio / NOVAS / Notas de prensa / O ciclista galego do Xacobeo Galicia, Ezequiel Mosquera, foi o gran protagonista da etapa de onte da Volta Ciclista a España
15/09/2008.

O ciclista galego do Xacobeo Galicia, Ezequiel Mosquera, foi o gran protagonista da etapa de onte da Volta Ciclista a España

O corredor galego lanzou un ataque a catro kilómetros da meta que descolgou a dous dos seus máximos rivais pola loita do podio, Alejandro Valverde e Carlos Sastre

O Xacobeo Galicia, equipo ciclista galego que participa nesta edición da Volta Ciclista a España mostrou unha vez máis o seu potencial e a calidade dos seus ciclistas. Na etapa de montaña de onte, onde se coroaba o alto de San Isidro, en Asturias, o xefe de filas, Ezequiel Mosquera, converteuse no protagonista da etapa.
A tan só catro kilómetros para o final lanzou un duro ataque que so puido ser seguido polo líder da xeral e máis que probábel vencedor final, Alberto Contador, e polo segundo da clasificación xeral, Leipheimer, ambos do equipo Astana.
A nota negativa poñeríana estes dous ciclistas citados que tras aproveitarse do traballo realizado por Ezequiel Mosquera, sen dar un só relevo en toda a subida,lanzaron un ataque a un kilómetro da meta que o corredor galego, cansado da súa excepcional subida, non puido seguir.

Opcións reais de podio
Tralo recorte que fixo onte Ezequiel Mosquera do terceiro clasificado, o gañador do Tour desta edición, Carlos Sastre, o ciclista galego atópase a menos dun minuto polo que as opcións de meterse no podio final cobran cada día máis forza. Sobre todo despois de ver as condicións físicas nas que chegan un e outro ciclista ao tramo final.
Ademais, o Xacobeo Galicia, equipo que conta coa colaboración de Galicia Calidade, está situado na quinta praza por equipos, o que da conta do bo facer dos ciclistas da escadra dirixida polo galego Álvaro Pino.

Redes sociais

Multimedia