Inicio / NOVAS / Notas de prensa / O CONSELLEIRO DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA ENTREGA MAÑÁ EN CAMARIÑAS O CERTIFICADO DE GALICIA CALIDADE Á EMPRESA GALLEGO PEREIRA FRIGORÍFICOS,S.L
03/04/2007.

O CONSELLEIRO DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA ENTREGA MAÑÁ EN CAMARIÑAS O CERTIFICADO DE GALICIA CALIDADE Á EMPRESA GALLEGO PEREIRA FRIGORÍFICOS,S.L

O polbo ultraconxelado comercializado pola compañía baixo a marca "Gallego Pereira" incorpórase deste xeito á marca de garantía galega

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2007.- Galicia Calidade S.A. vén de aprobar a incorporación da empresa Gallego Pereira Frigoríficos, S.L. a esta marca de garantía para os seus produtos Polbo das Rías Galegas Ultraconxelado e Polbo das Rías Cocido Ultraconxelado comercializados baixo a marca "Gallego Pereira".

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, -acompañado do delegado provincial da Consellaría na Coruña, José Luis Barcia Picos, e do xerente de Galicia Calidade S.A., Ignacio Louzao- fará entrega do certificado da marca de garantía á empresa nas instalacións desta (Ponte do Porto – Camariñas), mañá mércores 4 de abril, ás 12,30 h. No acto procederase tamén á sinatura do contrato de licenza de uso da marca por parte da empresa.

A compañía Gallego Pereira Frigoríficos, S.L. conta cunha planta de procesamento e conxelación de produtos que consta de tres cámaras frigoríficas, mais unha de ultraconxelación. Dispón de equipos de frío dabondo para a produción actual. Teñen implantado un sistema de xestión da calidade ISO-9001:2000, non certificado, e un sistema APPCC de Análise de Perigos e Puntos de Control Críticos. A empresa realiza o seguimento microbiolóxico aos seus produtos mediante a contratación externa dun laboratorio.

Redes sociais

Multimedia