Inicio / NOVAS / Notas de prensa / O CONSELLEIRO DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA RECIBE AO TRIATLETA FRANCISCO XAVIER GÓMEZ NOYA, QUE SEGUIRÁ PROMOCIONANDO A MARCA GALICIA CALIDADE
17/06/2008.

O CONSELLEIRO DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA RECIBE AO TRIATLETA FRANCISCO XAVIER GÓMEZ NOYA, QUE SEGUIRÁ PROMOCIONANDO A MARCA GALICIA CALIDADE

Fernando Blanco renovou esta mañá o contrato de publicidade co deportista galego, cunha duración dun ano e unha dotación económica de 30.000 euros

O conselleiro de Innovación e Industria e presidente do consello de administración de Galicia Calidade S.A., Fernando Blanco, e o deportista Francisco Xavier Gómez Noya asinaron esta mañá o contrato de publicidade da marca Galicia Calidade co triatleta galego.
En virtude do contrato asinado hoxe, que terá unha vixencia dun ano, Gómez Noya difundirá a marca de garantía galega nas distintas competicións nas que participe e que abranguen a Competición Federada Galega, a Estatal e a Internacional. Así mesmo, a imaxe de Galicia Calidade terá presenza nas equipacións do deportista e nos lugares onde se desenvolven habitualmente as súas actividades deportivas.
De igual xeito, o triatleta, que vén de proclamarse campión do mundo de tríatlon en Canadá, participará nos eventos que a sociedade xestora da marca de garantía desenvolva, sempre que non supoña unha interferencia no seu calendario de competicións. En contraprestación, Galicia Calidade achegará 30.000 euros ao deportista galego, gañador da Copa do Mundo de Tríatlon.

Redes sociais

Multimedia