Inicio / NOVAS / Notas de prensa / O SALÓN GOURMETS 2011 REMATA CON GRAN ÉXITO DE PÚBLICO E CON MILLEIROS DE VISITANTES QUE PASARON POLO STAND DE GALICIA CALIDADE
14/04/2011.

O SALÓN GOURMETS 2011 REMATA CON GRAN ÉXITO DE PÚBLICO E CON MILLEIROS DE VISITANTES QUE PASARON POLO STAND DE GALICIA CALIDADE

A Consellería de Economía e Industria apoia deste xeito ás empresas asociadas ao selo de garantía

Onte puxo o peche a XXV edición do Salón Gourmets 2011 onde o éxito quedou constatado polos milleiros de persoas que pasaron ao longo dos catro días polo recinto feiral do IFEMA e que tamén se acercaron polo stand de Galicia Calidade que contaba cun espazo de 60 metros cadrados. A Consellería de Economía e Industria continúa deste xeito apoiando ás empresas galegas, neste caso, a aquelas que contan co selo de garantía autonómico.

Ao longo dos catro días que durou o evento, cinco empresas asociadas a Galicia Calidade contaron cun espazo propio dentro do stand de Galicia Calidade: Adega dos Eidos, Valtea, Ruchel, Ingapán e Coreti; onde puideron realizar os seus contactos empresariais e recibir os visitantes que se achegaron interesados polos seus productos ou servizos así como polo selo de garantía.

Ao longo deste 2011, Galicia Calidade puxo a disposición das empresas asociadas espazos nos salóns e feiras máis importantes de España tales como o Fórum Gastronómico de Girona ou o propio Salón Gourmets ou Alimentaria Barcelona, no ano 2010.

Redes sociais

Multimedia