Inicio / NOVAS / Notas de prensa / O SALÓN GOURMETS APORTA ÁS EMPRESAS AMPARADAS POR GALICIA CALIDADE MULTITUDE DE CONTACTOS DE IMPORTADORES INTERNACIONAIS
15/04/2013.

O SALÓN GOURMETS APORTA ÁS EMPRESAS AMPARADAS POR GALICIA CALIDADE MULTITUDE DE CONTACTOS DE IMPORTADORES INTERNACIONAIS

Todos os produtos do sector alimentario exposto no stand foron donados ao Banco de Alimentos de Madrid ao remate do evento

As empresas amparadas por Galicia Calidade realizaron no Salón de Gourmets, celebrado no recinto feiral Ifema de Madrid ata o pasado xoves, multitude de contactos con importadores e distribuidores internacionais de países emerxentes como China, Alemaña, Brasil, Francia ou Angola, entre outros.

Un total de 13 empresas contaron cun espazo dentro do stand de Galicia Calidade, no pavillón 2, que contou cunha importante afluencia de visitantes. Avícola de Galicia, Adega dos Eidos, Castro Baroña, Bodegas Ruchel, Vilarvín, Coreti, Ingapán, Hornos San Fiz, Regina Viarum, Bodegas Pazo Villarei, Adegas Tollodouro, Torre de Núñez e Conservas A Rosaleira estiveron presentes amparadas polo selo de garantía.

Dentro do stand de Galicia Calidade realizáronse degustacións dos produtos presentes, promocionouse o selo de garantía, dependente da Consellería de Economía e Industria, e mesmo se proxectaron vídeos individuais de cada empresa. Ao longo dos 4 días máis de 78.000 persoas visitaron o Ifema para participar no evento alimentario máis importante durante este 2013.

Ademais, varias empresas amparadas por Galicia Calidade estiveron presentes con stands propios como foi o caso de Luís Escurís Batalla, Hijos de Rivera, como patrocinadora do evento, ou Escurís; ou dentro do stand da Consellería de Medio Rural e do Mar como o caso de Mariscos Linamar ou o grupo HGA.

Donación ao Banco de Alimentos
Ao remate do evento, Galicia Calidade cedeu os produtos expostos destas empresas ao Banco de Alimentos de Madrid, una iniciativa solidaria que permite que persoas máis desfavorecidas da comunidade madrileña reciban produtos de primeira necesidade, como foi o caso dos produtos de Avícola de Galicia, Torre de Núñez, Ingapán, Vilarvín, Ruchel ou HGA. O éxito da colaboración das empresas galegas coa institución benéfica foi moi importante, como vén sendo habitual nas últimas edicións. 

Redes sociais

Multimedia