Inicio / NOVAS / Notas de prensa / O xerente de Galicia Calidade asiste ao acto de entrega do certificado OSHAS 18001 á empresa galega Climadeza
25/04/2008.

O xerente de Galicia Calidade asiste ao acto de entrega do certificado OSHAS 18001 á empresa galega Climadeza

A empresa silledense leva desde o ano 2000 coa implantación dos tres sistemas de calidade ISO 9001, ISO 14001 e OSHAS 18001

O xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao, participou esta mañá no acto de entrega dos certificados de calidade á empresa Climadeza. No acto, a organización silledense recibiu un total de tres certificados, o ISO 9001, o ISO 14001 e a OSHAS 18001, o que a converten nunha das cuarenta empresas galegas que contan cos tres distintivos.

Segundo indicou Ignacio Louzao, este é o punto de partida para un futuro moi esperanzador para a empresa Climadeza, nun momento no que a calidade na xestión empresarial e no respecto medioambiental, así como na seguridade e saúde laboral, se convertiron nunha necesidade.

Redes sociais

Multimedia