Inicio / NOVAS / Notas de prensa / O xerente de Galicia Calidade participa nunha xornada sobre Calidade
28/10/2008.

O xerente de Galicia Calidade participa nunha xornada sobre Calidade

O evento estaba organizado pola Asociación Sectorial de Hostalería da Provincia de Pontevedra

O xerente de Galicia Calidade, Xabier Ignacio Louzao, participou onte nunha xornada sobre a influencia da Calidade no aumento da productividade. Este acción formativa foi organizada pola Asociación Sectorial de Hostalería da Provincia de Pontevedra (HOSA).
Baixo o título "A Calidade no Sector Hostaleiro e os seus beneficio para o aumento da productividade na súa empresa", o xerente de Galicia Calidade explicou aos asistentes como a calidade se está a converter nun dos factores principais, máis aínda nos tempos de crise que estamos a vivir.
Ademais de explicar aos representantes do sector alí existentes as liñas estratéxicas de Galicia Calidade, Xabier Ignacio Louzao animou aos alí presentes a apostar pola calidade como factor de diferenciación.

Redes sociais

Multimedia