Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Os establecementos Casa de Cacheiro e Casa Vixide recibirán a distinción Sicted 2019 ao compromiso da calidade turística
21/03/2019.

Os establecementos Casa de Cacheiro e Casa Vixide recibirán a distinción Sicted 2019 ao compromiso da calidade turística

O vindeiro sábado, o auditorio municipal de Agolada acollerá o acto de entrega das distincións Sicted 2019 ao compromiso da calidade turística a un total de 41 empresas ou entidades públicas e privadas da comarca do Deza.

Un total de 17 aloxamentos recibirán a distinción Sicted, entre os que se atopan dous establecementos integrados en Galicia Calidade Lecer: Casa de Cacheiro en Silleda e Casa Vixide en Lalín.

O establecemento Casa de Cacheiro é unha casa rural restaurada situada en Silleda na que se combina tradición, modernidade e calidade na Vía da Prata do Camiño de Santiago. Pola súa banda, Casa Vixide é unha casa de aldea do século XVIII totalmente restaurada e situada no val de Soutullo, preto do río Deza, en Lalín.

No acto de entrega de distincións estarán presentes o alcalde de Agolada, Ramiro Varela; o director xeral de Agader, Miguel Ángel Pérez Dubois e López, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez

O Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos – Sicted
O Sicted é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo, co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que traballa con empresas/servizos turísticos co obxectivo último de mellorar a experiencia e satisfacción do turista.

Redes sociais

Multimedia