Inicio / NOVAS / Notas de prensa / OS OVOS CAMPEIROS DE AVÍCOLA TRATANTE INCORPÓRANSE AO SELO GALICIA CALIDADE
05/07/2012.

OS OVOS CAMPEIROS DE AVÍCOLA TRATANTE INCORPÓRANSE AO SELO GALICIA CALIDADE

O director xerente da sociedade pública, Carlos Vila, fixo entrega esta mañá do certificado de uso ao xerente da empresa, Alejandro Campos

A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, fixo entrega hoxe do certificado de uso da marca de garantía á empresa pontevedresa Avícola Tratante S.L. Deste xeito, os ovos campeiros producidos por a mesma contarán co selo autonómico. O director xerente de Galicia Calidade, Carlos Vila, fixo entrega esta mañá do distintivo ao xerente de Avícola Tratante, Alejandro Campos.

Avícola Tratante posúe unhas modernas instalacións tanto de producción de ovos como de distribución, clasificación, envasado e expedición, o que permite ofrecer aos seus clientes a máxima calidade e frescura dos seus produtos. O obxectivo de Avícola Tratante é ofrecer aos nosos clientes o mellor servizo e o ovo máis fresco e de maior calidade do mercado. Para realizar a distribución e garantir a calidade dos nosos produtos contan coa nosa propia flota de vehículos isotermos.

En Avícola Tratante existe un alto control sanitario para, deste modo, asegurar unha produción de garantía. A calidade do produto é un obxectivo fundamental, e en Avícola Tratante perseguen acadar un ovo de máxima calidade. Para iso realizan un exhaustivo control de todo o proceso produtivo. O seu sistema de xestión da calidade conforme á norma ISO 9001 está certificado por Aenor, e o sistema de xestión da seguridade alimentaría está certificado conforme á normativa de IFS (International Food Estándar). A alimentación das súas galiñas realízase a base de millo, trigo e solla, o que supón un factor diferencial en canto á calidade do ovo producido. 

Máis de 150 produtos

Con esta incorporación Galicia Calidade conta xa con máis de 150 produtos e servicios amparados dun total de 43 empresas. Avícola Tratante súmase así un sector, o dos ovos, que conta xa con representación dentro da marca de garantía, da man de outras dúas empresas como son Pazo Vilane e Coren. Poden consultar máis información de Galicia Calidade na nosa web www.galiciacalidade.es

Redes sociais

Multimedia