Inicio / NOVAS / Notas de prensa / OS QUEIXOS DA EMPRESA QUESERÍAS CASTILLO DE PAMBRE, S.L. amparados polas Denominacións de Orixe Protexidas "Tetilla" e "Arzúa-Ulloa" e comercializados coa marca "Castillo de Pambre", incorpóranse a Galicia Calidade
19/06/2007.

OS QUEIXOS DA EMPRESA QUESERÍAS CASTILLO DE PAMBRE, S.L. amparados polas Denominacións de Orixe Protexidas "Tetilla" e "Arzúa-Ulloa" e comercializados coa marca "Castillo de Pambre", incorpóranse a Galicia Calidade

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2.007.- Galicia Calidade S.A. vén de aprobar a incorporación da empresa QueseríaS Castillo de Pambre, S.L. a esta marca de garantía para os Queixos amparados polas Denominacións de Orixe Protexidas "Tetilla" e "Arzúa-Ulloa" comercializados baixo a marca "Castillo de Pambre".

O delegado provincial da Consellaría de Innovación e Industria, Ramón Jesús Cortés Mañez, xunto co xerente de Galicia Calidade S.A., Ignacio Louzao, farán entrega do certificado da marca de garantía á empresa nas instalacións desta (Avda. Compostela, Parque Empresarial PALAS DE REI), mañá mércores 20 de xuño, ás 10,00 h. No acto procederase tamén á sinatura do contrato de licenza de uso da marca por parte da empresa.

A compañía Queserías Castillo de Pambre, S.L. conta cunha planta de produción de recente creación. Conta con mais de 1000 m2 construídos, e cunha capacidade de produción máxima de 150 Tm de queixo anuais.

As instalacións, maquinaria, e almacéns son axeitados para a produción de queixos de calidade, en condicións hixiénicas. Conta con persoal capacitado para o seu control, e subcontrata á Aula de Produtos Lácteos, controis analíticos e microbiolóxicos, adicionais dos realizados polos respectivos Consellos Reguladores.

Teñen implantado un sistema APPCC de Análise de Perigos e Puntos de Control Críticos, dispoñen dun pequeno laboratorio para o control do leite na recepción.

Redes sociais

Multimedia