Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Paco & Lola Prime 2016, recoñecido co primeiro premio do Ourense Vinis Terrae
03/04/2019.

Paco & Lola Prime 2016, recoñecido co primeiro premio do Ourense Vinis Terrae

A feira Ourense Vinis Terrae celebrou a súa oitava edición na que participaron 50 adegas galegas. Un dos actos centrais da feira é a entrega de premios da I Cata Extraordinaria Ourense Vinis Terrae na que o viño Paco & Lola Prime 2016 da Adega Paco & Lola (D.Ou. Rías Baixas), que conta coa marca de garantía Galicia Calidade, conseguiu o primeiro premio na categoría ‘Outras añadas’.

A cata estivo dirixida pola recoñecida catadora Mercedes González e contou cun panel de expertos no que participaron representantes da Asociación Galega de Enólogos, das asociacións de sumilleres de Galicia GallaeciaAgasu e da Asociación Gallega de Catadores, así como outros expertos de fóra de Galicia.

Un encontro para promocionar a calidade dos viños galegos
Durante a oitava edición de Ourense Vinis Terrae celebráronse máis de 1.000 citas de negocios e recibíronse máis de 700 visitas. Durante a súa visita á feira, o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria- AGACAL, Manuel Rodríguez, apuntou que Ourense Vinis Terrae contribuíu a avanzar na internacionalización dos viños galegos e “promocionar a calidade do medio rural galego”.  

Redes sociais

Multimedia