Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Presentación da feira Gastronosa
22/10/2019.

Presentación da feira Gastronosa

Esta mañá presentouse na Cidade da Cultura a primeira edición da feira gastronómica Gastronosa, organizada pola asociación Amigos da Cociña Galega (AMIGOCAL). Un evento que se celebrará o luns 28, a partir das 11:00 horas ás 20:00 horas, no Museo Centro Gaiás. A feira, aberta ao público, servirá para celebrar o 43 aniversario do colectivo e conta co apoio da Xunta de Galicia e o patrocinio de Estrella Galicia.

Na presentación participaron Javier Outomuro, presidente de AMICOGAL, Guillermo Fernández, delegado de Estrella Galicia e o director xeral de Galicia Calidade Alfonso Cabaleiro. Para Outomuro, Gastronosa servirá non só para poñer en valor a nosa cociña e a nosa materia prima, tamén será un encontro do que xurdirán novas colaboracións entre produtores e hostaleiros. "Pola súa banda, destacaron Guillermo Fernández, de Estrella Galicia e Cabreiroá. que para as dúas marcas de Hijos de Rivera, é un "orgullo participar e apoiar un evento deste nivel no que o produto galego e a hospitalidade da nosa terra, tan importantes para nós, serán os principais protagonistas." Alfonso Cabaleiro, de Galicia Calidade, definiu a Gastronosa como o "renacemento de Amicogal". "Os amigos da Cociña Galega son, dalgún xeito, o colectivo pioneiro en Galicia que traballou para impulsar a nosa cociña, a esencia da nosa cociña e poñela en valor", dixo. Os tres resaltaron a importancia de celebrar un evento como Gastronosa que sirva para reunir a produtores e hostaleiros galegos arredor da cociña galega Calidade dos seus produtos. No acto de presentación tamén estiveron presentes representantes de Gadis e April Oils, colaboradores do evento, e chefs da Asociación.

Gastronosa foi concibida para converterse na feira de produtos de referencia galega para profesionais da hostalería. Nove horas ininterrompidas de espectáculos gastronómicos, showcookings e preto de 30 stands cuxo protagonista é o produto galego de calidade. Ademais, nas cociñas móbiles, durante todo o día, os cociñeiros AMICOGAL ofrecerán degustacións dos pratos típicos da cociña de Galicia, elaborados tanto con produtos costeiros como interiores.

Na feira estarán presentes produtos certificados por Galicia Calidade, como Cañas de O Carballiño da Repostería Cerviño, Fabas da Terra de A Mariña, polbo Rosa de los Vientos, viños HGA, auga de Cabreiroá e cervexas Estrella Galicia, entre outros.

 

Redes sociais

Multimedia