Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Os produtos Galicia Calidade móstranse no Salón Gourmets de Madrid
08/04/2019.

Os produtos Galicia Calidade móstranse no Salón Gourmets de Madrid

O 33 Salón  Gourmets, Feira de Alimentación e Bebidas de Calidade, volve abrir as súas portas do 8 ao 11 de abril en Madrid. Trátase da maior mostra adicada aos produtos delicatessen de Europa, un escaparate de vangarda que se converteu na cita imprescindible para os profesionais do sector agroalimentario.

Nesta cita estarán presentes numerosas empresas galegas do sector certificadas por Galicia Calidade, como as Adegas Vilarvín – Valtea, Bodegas Altos de Torona, Bodegas Gargalo, Bodegas Regina Viarum, Escurís, Granja Campomayor, Hijos de Rivera, Señorío de Rubiós, e Feiraco. Ademais, as empresas Estrella Galicia e Cabreiroá son patrocinadores principais da presente edición do Salón.

Tamén a Queixería Cas Leiras, amparada polo selo de calidade Galicia Calidade, estará presente no Salón  Gourmets, participando no Campionato dos mellores queixos de España.

33 edición do Salón Gourmets
O Salón  Gourmets ocupará os pavillóns 4, 6, 8 e 10 de  IFEMA (Madrid). Está previsto que máis de 100.000 profesionais visiten os 1.998 expositores cos seus 47.000 produtos  gourmet e sorpréndanse coas 1.300 novidades previstas nesta 33 edición.

Redes sociais

Multimedia