Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Os produtos Galicia Calidade, presentes na visita da Federación Europea de Xornalistas
15/04/2019.

Os produtos Galicia Calidade, presentes na visita da Federación Europea de Xornalistas

O comité directivo da Federación Europea de Periodistas (EFJ SC), presidido polo danés Mogens Blicher mantivo unha intensa xornada de traballo na capital galega este luns 15 de Abril. A delegación, que está composta tamén por representantes de Reino Unido, Rusia, Alemania, Francia, Suiza, Italia, Montenegro, Grecia e España, reuniuse no Hostal dos Reis Católicos e na súa axenda ten prevista unha visita ás 16 horas a Facultade de Comunicación onde chequearán a posibilidade de aprobala como sede para a Asamblea Anual da Federación Europea no ano 2020, o que suporía a estadía na capital galega de máis de 120 xornalistas de 48 países europeos.

O desprazamento a Galicia do Steering Committee (comité directivo) da European Federation of Journalists (EFJ), que habitualmente ten as súas xuntanzas en Bruxelas, obedece a unha invitación da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), adscrita a FAPE (Federación Española), que preside Luís Menéndez, á súa vez membro do comité europeo.

Galicia Calidade colaborou na iniciativa e ofreceu unha mostra de produtos certificados pola marca de garantía galega aos membros do comité directivo da Federación, reunidos no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela.

A Federación Europea de Xornalistas
A Federación Europea de Xornalistas (EFJ) é a organización continental representativa dos xornalistas en toda Europa, non só da Unión Europea. Abrangue a un total de 320.000 socios, de 48 países. Ten a súa sede en Bruxelas e fai eleccións cada tres años, con un delegado por país. Os seus obxectivos son a defensa da liberdade de expresión, a loita polas condicións laborais dignas dos xornalistas, a independencia dos poderes políticos ou de calquera tipo, e a  dignidade, ética e deontoloxía no exercicio profesional.

Redes sociais

Multimedia