Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Regina Viarum, único tinto galego de 2018 premiado no 'International Wine Challenge'
20/05/2019.

Regina Viarum, único tinto galego de 2018 premiado no 'International Wine Challenge'

Segundo os resultados da 36 edición do  International  Wine  Challenge ( IWC) que se deron a coñecer en días pasados, nos premios correspondentes ao seu trixésimo sexta edición outorgaron a  Regina  Viarum 92 puntos neste certame.  O  IWC é “recoñecido como a competición de viños cun xurado máis  meticuloso” a nivel mundial. Cada un dos viños premiados debe superar tres catas diferentes. En cada unha destas catas participan 12 catadores de recoñecido prestixio.

Esta distinción consolida a  Regina  Viarum como referente en calidade entre os viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. O ano pasado, os viños de  Regina  Viarum xa obtiveran 7 premios en diferentes certames internacionais como o  Decanter World  Wine  Awards ou o propio  International  Wine  Challenge. Os viños de  Regina  Viarum tamén foron distinguidos no concurso internacional  Bacchus, en cuxa organización e xurado participa a Unión Española de Catadores.

Novo  packaging

O viño presentarase a partir de agora cun novo  packaging. A nova botella e a súa etiqueta simplifican liñas, deixando todo o protagonismo ao Canón do Sil e á excepcional localización da adega.

Os viñedos de  Regina  Viarum son un impresionante balcón á Ribeira Sacra,  unha contorna natural cun clima de contrastes moi positivos para a produción vitivinícola: a suma da influencia do clima atlántico, das frontes que chegan do Mediterráneo, e as características do terreo das adegas sobre o que crecen as vides, favorece a elaboración de viños  afrutados e  aterciopelados.

A etiqueta complétana a marca, coa cor vermella intensa que a caracteriza e que quere emular a viva cor do viño que produce  Regina  Viarum, e tamén a referencia á Viticultura Heroica: os viñedos  aterrazados nos que se produce este viño obrigan á realización dos traballos vitivinícolas de acordo ao modelo centenario da viticultura heroica, baseada no traballo pausado e manual con cada cepa e que deixa de lado a mecanización.

Redes sociais

Multimedia