Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Restaurantes de Galicia Calidade Lecer únense á celebración do #CocidoDay
20/03/2019.

Restaurantes de Galicia Calidade Lecer únense á celebración do #CocidoDay

#CocidoDay ou Día Internacional do Cocido é un evento gastronómico que persegue que centos de persoas senten o mesmo día á mesa para gozar dun bo cocido e compartilo en redes sociais. A cita é o vindeiro sábado 23 de marzo.

Na edición deste ano participarán máis de 150 restaurantes de 8 países, entre os que se atopan os establecementos adheridos a Galicia Calidade Lecer Pazo do Río en Oleiros e Hotel Alfonso IX de Sarria.

A misión do # CocidoDay é que se fale do cocido en todo o mundo, como un símbolo da gastronomía galega e que dea visibilidade á cociña tradicional do país.

En paralelo, os organizadores do día do cocido buscan promocionar Galicia como destino gastronómico apoiando, ademais, aos restaurantes e empresas que se sumen á iniciativa.

(Foto do cocido #GaliciaCalidade de Recetas de Rechupete)

Redes sociais

Multimedia