Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Showcooking de Galicia Calidade na Semana Verde de Galicia
10/06/2019.

Showcooking de Galicia Calidade na Semana Verde de Galicia

Un ano máis, Galicia Calidade estivo presente na Feira Internacional de Galicia - Semana Verde de Galicia, que tivo lugar esta fin de semana en Silleda.

No stand de Vegalsa Eroski, a cociñeira Luz Rodriguez elaborou un menú con produtos Galicia Calidade consistente nun solombo recheo de setas e tetilla con salsa de Oporto e mel, acompañado dun arroz con pasas e piñóns, con produtos de Coren e queixos Pazo de Anzuxao e Quesos Feijoo.

Os produtos certificados por Galicia Calidade estiveron presentes tamén na mostra expositiva do recinto, na que os visitantes puideron coñecer os produtos de A Pementeira, Adegas Terras de Asorei, Feiraco, Daniberto, Jamones González, Terras da Mariña e Larsa.

Semana Verde de Galicia
A presente edición da Semana Verde de Galicia atraeu a máis de 128.000 persoas ao recinto feiral de Silleda durante catro xornadas, nas que se deron cita 725 expositores directos de doce países, que presentaron unha variada oferta de produtos e servizos.

Redes sociais

Multimedia