Inicio / NOVAS / Notas de prensa / A tecnoloxía ‘blockchain’, ao servizo da trazabilidade de Merluza de Celeiro
30/04/2019.

A tecnoloxía ‘blockchain’, ao servizo da trazabilidade de Merluza de Celeiro

Carrefour vende a Merluza de Celeiro como un dos seus produtos de referencia desde hai anos e o compromiso entre ambas as empresas da agora un paso máis combinando a súa procura permanente pola calidade e o compromiso co mercado, a sustentabilidade e o respecto ao consumidor.

A tecnoloxía blockchain vai permitir que o consumidor cando compre a súa pescada nun establecemento Carrefour poderá adquirir toda a información do  produto a través dun código QR. A información que se facilita inclúe o barco que capturou o produto, a zona e a arte de pesca, a data de desembarco e entrega en porto e a data de chegada a tenda. Toda a cadea de valor e empresas participantes están integradas na etiqueta. Para iso Puerto de Celeiro utiliza unhas etiquetas especiais, diferentes a aquelas ás que vende ao resto do mercado e específicas para a cadea Carrefour e incorpora a través as súas dúas empresas do grupo toda a información para completar a información sobre a  trazabilidade:  PCELE e  NOVOMAR

Compromiso coa calidade
Merluza de Celeiro avanza así no seu compromiso cos estándares de calidade. Foi un dos primeiros produtos certificados por Galicia Calidade, certificou toda a súa captura de pescada baixo o standard de sustentabilidade Friend  of  the Sea de forma pioneira no sector e ostenta ademais o título de Alimentos de España 2017.

Redes sociais

Multimedia