Inicio / NOVAS / Notas de prensa / TERMATALIA PROMOVE A INDUSTRIA DA AUGA MINERAL CO APOIO DE GALICIA CALIDADE
20/09/2013.

TERMATALIA PROMOVE A INDUSTRIA DA AUGA MINERAL CO APOIO DE GALICIA CALIDADE

O Bar de Augas reunirá a máis dunha vintena de empresas e permitirá ao visitante degustar distintas marcas do mercado nacional e internacional 

A 13ª edición de TERMATALIA, que comezará o 20 de setembro, servirá de plataforma para a industria da auga Mineral envasada, a través de diferentes accións tanto profesionais como destinadas ao público xeral. A principal será o BAR DE AUGAS, que se converteu nun dos eixos da feira e unha vez máis será patrocinado por Galicia Calidade, organismo que aproveitará este evento internacional para reforzar o posicionamento das augas de bebida galegas no mercado global. 

Este Bar singular ofrece  aos visitantes a posibilidade de degustar diferentes marcas do líquido elemento do mercado nacional e internacional e pór en valor as propiedades e indicacións de cada unha delas. Galicia Calidade fai unha aposta específica polas augas minerais envasadas da comunidade, e conta con tres marcas adscritas ao selo de garantía como son: Aguas de Cabreiroá, Aguas de Mondariz e Fuente del Val.

Os consumidores recoñecen na marca Galicia Calidade, confianza e prestixio. Os seus programas de auditorías garanten que os produtos e servizos amparados superaron os controis esixidos, para o que é necesario que conten coas materias primas de calidade, óptimas producións e excelentes servizos.

Entre as empresas participantes no Bar, TERMATALIA promove tamén unha CATA INTERNACIONAL DE AUGAS, onde un xurado de expertos e profesionais do sector elixirán os mellores líquidos nas categorías de auga con gas, auga de mineralización débil, auga de mineralización moi débil e auga con gas natural.  Será o sábado, 21 de setembro, ás 11 horas dirixida pola Asociación de Catadoras de Galicia- Gallaecia. Ademais nesta ocasión convocáronse dúas distincións destinadas a pór en valor a innovación nos envases ou o respecto ao medio ambiente.

Redes sociais

Multimedia