Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Torre de Núñez colabora co VIII Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia
26/04/2019.

Torre de Núñez colabora co VIII Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia

A empresa  cárnica Torre de Núñez, que conta coa garantía Galicia Calidade, colabora co VIII  Circuíto de Golf  Senior Turismo de Galicia. Unha iniciativa que se organiza desde o ano 2011 con gran éxito e que combina o deporte do golf co termalismo e a gastronomía. 

O obxectivo do  circuíto é potenciar Galicia como un destino diferenciado deste deporte baseándose en tres alicerces: o termalismo como sinónimo de saúde e benestar, a calidade da gastronomía galega e o golf como deporte para gozar do tempo de lecer en contacto coa natureza. Esta combinación, destinada a un público  senior, encaixa perfectamente coa esencia de márca de Torre de Núñez que, desde as súas orixes, preocupouse por lanzar ao mercado produtos saudables e apostar polo benestar dos consumidores. 

O circuíto chegará a campos de Valencia, Sevilla, Asturias, San Sebastián, Madrid, Navarra e Galicia. En todos eles, os participantes poderán degustar o seu  lacón cocido Duroc  e o seu chourizo curado extralomo. Ademais, durante o cóctel de degustación de produtos galegos, un cortador experto servirá o xamón reserva Duroc con contido reducido en sal da marca.  

Redes sociais

Multimedia