Inicio / NOVAS / Notas de prensa / A transformación dixital, oportunidade para o sector da xoiaría destacado no Congreso da Xoiaría Galega
08/04/2019.

A transformación dixital, oportunidade para o sector da xoiaría destacado no Congreso da Xoiaría Galega

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, destacou na inauguración do II Congreso da Xoiaría Galega que a transformación dixital é unha oportunidade para que o comercio de proximidade galego atraia nova clientela e incremente os servizos que presta aos consumidores.

O II Congreso da Xoiaría Galega, organizado pola Federación Galega de Xoieiros e o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, celebrouse a pasada fin de semana no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), onde diferentes expertos puxeron de relevo as repercusións das novas tecnoloxías no sector do comercio.

O Congreso contou ademais con outros tres bloques temáticos nos que se abordan temas como a ciberseguridade, os medios de pago ou a protección de datos, e outros aspectos máis específicos do sector da xoiaría.

Empresas Galicia Calidade
A empresas de xoiaría amparadas pola marca de garantía Galicia Calidade tamén participaron na xornada. En total, Galicia Calidade certifica 7 empresas do sector da xoiaría de Galicia: ArdentiaFernando Gallego Xoieiro ArtesánFink OrfebresKatuxa Platero JoyasOrfegaÓscar Rodríguez Joyeros e Unión Joyera de Bergondo.

Redes sociais

Multimedia