Inicio / NOVAS / Notas de prensa / UN TOTAL DE 19 EMPRESAS ADHERIDAS A GALICIA CALIDADE ESTARÁN PRESENTES ATÉ O VINDEIRO VENRES NA FEIRA ALIMENTARIA 08
11/03/2008.

UN TOTAL DE 19 EMPRESAS ADHERIDAS A GALICIA CALIDADE ESTARÁN PRESENTES ATÉ O VINDEIRO VENRES NA FEIRA ALIMENTARIA 08

O xerente de Galicia Calidade, Xabier Ignacio Louzao, visitou hoxe o recinto feiral

Unha vez máis Galicia Calidade aposta polo promoción dos produtos galegos daquelas empresas que contan co selo de garantía Galicia Calidade. Nesta edición de Alimentaria 08, celebrada en Barcelona, un total de 19 empresas adheridas exporán os seus produtos até o vindeiro venres.

O xerente de Galicia Calidade, Xabier Ignacio Louzao, visitou hoxe o recinto feiral onde tivo oportunidade de coñecer as empresas punteiras do sector da alimentación, produtos innovadores e tamén manter encontros con representantes institucionais doutras comunidades e de empresas privadas.

A feira do sector da alimentación Alimentaria converteuse nos últimos anos no evento alimentario máis importante do Estado español e nun dos máis importantes de Europa. Na súa decimosétima edición congrega na capital catalana a máis de 5.000 empresas e 155.000 compradores procedentes de todo o mundo.

Por estes motivos, Galicia Calidade, que ten por finalidade promocionar o selo de garantía e, deste xeito, os produtos das empresas adheridas, participa nesta feira cun stand de máis de cen metros cadrados, que conta cun espazo individualizado para cada unha das empresas adheridas.

Redes sociais

Multimedia