Inicio / NOVAS / Notas de prensa / O Albariño de Valtea obtén a Medalla de Ouro no Challenge International du Vin
25/04/2019.

O Albariño de Valtea obtén a Medalla de Ouro no Challenge International du Vin

O sector vitivinícola ha outorgado un novo recoñecemento a Adegas Valtea. O seu viño Valtea colleita 2018, que conta co certificado Galicia Calidade, obtivo a Medalla de Ouro no certame internacional Challenge International du Vin celebrado en Burdeos e considerado un dos máis recoñecidos premios do sector.

O viño galardoado foi elaborado coa variedade Albariño e pertence á colleita de 2018. Ademais, non é a primeira vez que Adegas  Valtea logra esta distinción pois xa a conseguiron na edición de 2017 co Espumoso  Valtea  Brut  Nature  Cuvee Especial.

Valtea

Adegas Vilarvín naceu a finais dos anos noventa co único propósito de elaborar un viño que se caracterice por ser persoal e varietal. Cunha produción non superior aos 400.000 litros, Valtea converteuse en pouco tempo nunha das grandes referencias da Denominación de Orixe Rías Baixas, recoñecida tanto no ámbito nacional como no internacional.

Albariño Valtea nace como resultado dunha vendima realizada con uvas en perfecto estado de maduración. O segredo da súa elaboración reside nas uvas das cepas vellas e nun esmerado coidado desde antes do nacemento do acio. O resultado é un monovarietal de albariño novo de potente e afroitado aroma; con matices florais, amplo en boca, carnoso e persistente, cun elegante e potente posgusto.

Redes sociais

Multimedia